Placa conmemorativa | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Agustín de Foxá y Torroba 28 de febreiro de 1906 Madrid, España |
Morte | 30 de xuño de 1959 (53 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro 40°24′01″N 3°43′47″O / 40.400247, -3.729769 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Colegio Nuestra Señora del Pilar (pt) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , diplomático , escritor |
Membro de | |
Xénero artístico | Novelas e poesía |
Lingua | Lingua castelá |
Outro | |
Título | Conde |
Pais | Narciso de Foxá y Rodríguez de Arellano (en) e María de las Candelas Torroba y Goicoechea (en) |
Irmáns | Jaime de Foxá (en) e Ignacio de Foxá y Torroba (en) |
Premios | |
Agustín de Foxá Torroba, nado en Madrid o 28 de febreiro de 1906 e finado na mesma cidade o 30 de xuño de 1959, foi un poeta, novelista, periodista e diplomático español. III conde de Foxá e IV marqués de Armendáriz.
Os seus primeiros versos publicounos en De todo un poco, revista do Colexio do Pilar. Estudou Dereito na súa cidade natal; en 1930 ingresou na carreira diplomática e foi destinado a Sofía e Bucarest. O seu colega Edgar Neville foi unha das súas primeiras amizades literarias. Colaborou en revistas como La Gaceta Literaria, Héroe e Mundial, e na prensa diaria (en ABC desde 1930). O seu primeiro libro, La niña del caracol (Madrid, 1933), con dedicatorias a Ramón Gómez de la Serna, María Zambrano e Marichalar, foi editado e prologado por Manuel Altolaguirre; mestura elementos do Modernismo con outros procedentes das Vangardas e o 27. Antes da guerra só publicou outro libro, El toro, la muerte y el agua (Madrid: Imprenta de Galo Sáez, 1936), con prólogo de Manuel Machado.
A Guerra Civil atopouno en Madrid, onde acababa de tributárselle unha homenaxe con motivo de ser destinado ao Consulado de España en Bombai; como era aristócrata, estivo a piques de ser fusilado, como escribe ao seu irmán:
Ao cabo marchou a Bucarest como Secretario de Embaixada na Representación Diplomática da República, desde onde, tras uns meses de dobre xogo, uniuse ao bando nacional. Participou en diversas revistas da Falanxe, como Xerarquía e Vértice, e máis tarde dirixiu Legiones y Falanges, publicación bilingüe en español e italiano. Como diplomático estivo destinado ademais en Roma, de onde foi expulsado en 1940 baixo a acusación de espionaxe, en Helsinqui (en 1942 visita a fronte de Leningrado acompañado polo escritor Curzio Malaparte) e en Buenos Aires (1947-1950), onde obtivo un profundo coñecemento da realidade española e internacional. Ingresou nas filas falanxistas na turbulencia dos anos trinta. Deu numerosas conferencias por Hispanoamérica, onde ás veces atopou a oposición dos exiliados republicanos. Recibiu o premio Mariano de Cavia en 1948 e en 1959 foi nomeado académico de número da RAE na cadeira Z, aínda que non chegou a tomar posesión.
A finais de 1949 e comezos de 1950, participou na "misión poética" cos poetas Antonio de Zubiaurre, Luís Rosales e Leopoldo Panero, percorrendo diferentes países iberoamericanos (entre outros Honduras) previamente ao restablecemento de relacións diplomáticas entre estes países e o réxime de Franco. Nese mesmo ano (1950) é destinado á Embaixada española da Habana, e volve a España en 1955, ano en que é elixido ademais académico na Real Academia Española sucedendo a Agustín González de Amezúa, pero morreu o 30 de xuño de 1959 sen pronunciar o seu discurso de ingreso.