Aoede (ou en grego Αοιδή), coñecida tamén coma Xúpiter XLI, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2003, e recibiu a designación temporal S/2003 J 7.
Aoede ten uns 4 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,044 millóns de kms, tarda 714,657 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 160° con respecto á eclíptica (162° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,4311. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasifae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de kms, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.
Recibiu oficialmente o seu nome en marzo do ano 2005, Aoede na mitoloxía grega era unha das tres Musas orixinais. Aoede era a musa das cancións e era filla de Zeus (Xúpiter) e Mnemosine.