A asimilación é un proceso de cambio fonético polo cal a pronuncia dun segmento de lingua se acomoda á pronuncia doutro, nunha mesma palabra (ou no límite da mesma), así que se dá lugar un cambio no seu son. A asimilación consiste en que un segmento modifica a súa articulación para semellarse nalgún trazos fonolóxicos a outro segmento adxacente ou próximo.
Un exemplo de asimilación poden se-las palabras *eí, *eiquí ou *samáforo. Un proceso relacionado é a coarticulación, na cal un segmento inflúe ó outro e prodúcelle unha variación alófona, como as vogais que adquiren o timbre nasal (nasalización) ante consoantes deste tipo cando o veo do padal se abre antes, ou a labialización, velarización etc de certas consoantes. Este artigo describirá ambos procesos os englobando no termo xeral de asimilación.
Os mecanismos fisiolóxicos ou psicolóxicos da coarticulación non son totalmente descoñecidos, apuntáronse por exemplo leis de mínimo esforzo ou emprego de menor enerxía articulatoria. A miúdo falamos indirectamente dun segmento fonémico como "causante" do cambio asimilatorio noutro.
A asimilación dáse tanto en condicións de adxacencia estrita , e pódese dar respecto do fonema anterior (progresiva ou "de esquerda a dereita") ou do fonema posterior (regresiva, "de dereita a esquerda" ou anticipatoria). Pódense distinguir os seguintes tipos de asimilación
Algúns autores distinguen entre asimilación parcial e completa.
Un caso particular de asimilación é a labialización, que consiste en que unha vogal se redondea (labializa) por contacto con sons consonánticos labiais: levar/*lovar, fermento/*formento...