Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
A introdución deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
(1903) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de maio de 1843 As Palmas de Gran Canaria, España |
Morte | 4 de xaneiro de 1920 (76 anos) calle de Hilarión Eslava, España (en) |
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Almudena |
Deputado das Cortes | |
2 de marzo de 1914 – 16 de marzo de 1916 Circunscrición electoral: Las Palmas (en) | |
Deputado das Cortes | |
6 de maio de 1907 – 2 de xaneiro de 1914 Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
Deputado das Cortes | |
5 de maio de 1886 – 29 de decembro de 1890 Circunscrición electoral: Guayama (pt) | |
Datos persoais | |
Residencia | calle de Hilarión Eslava (en) |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | escritor , novelista , xornalista , político , dramaturgo , poeta |
Período de actividade | 1870 - |
Partido político | Republican–Socialist Conjunction (en) Partido Reformista |
Membro de | |
Xénero artístico | Dramaturxia, novela e teatro |
Movemento | Realismo literario |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Parella | Emilia Pardo Bazán (1881–) Lorenza Cobián (1879–1891) Angelina Zampanelli (pt) |
Irmáns | Ignacio Pérez Galdós |
Premios | |
|
Benito Pérez Galdós, nado nas Palmas de Gran Canaria o 10 de maio de 1843 e finado en Madrid o 4 de xaneiro de 1920, foi un novelista, dramaturgo e articulista canario, probablemente un dos escritores máis representativos e prolíficos do século XIX.
Galdós era o décimo fillo dun coronel do exército, Sebastián Pérez, e de Dolores Galdós, unha dama de forte carácter e filla dun antigo secretario da Inquisición. O seu pai inculcou no fillo o gusto polas narracións históricas contándolle acotío historias da guerra da independencia, na que participara. A súa imaxinación foi desbordante xa desde moi novo. En 1852 ingresou no Colexio de San Agustín, que aplicaba unha pedagoxía activa e bastante avanzada para a época, durante os anos en que empezaban a espallarse por España as polémicas teorías darwinistas, do cal hai ecos en obras súas como, por exemplo, Dona Perfecta (Doña Perfecta).
Obtivo Galdós o título de bacharel en Artes en 1862, no Instituto da Lagoa, e comezou a colaborar na prensa local con poesías satíricas, ensaios e algúns contos. Tamén se destacou polo seu interese polo debuxo e a pintura. Logo da chegada dunha curmá súa a casa, o novo Galdós trastornouse emocionalmente e os seus pais decidiron que se fose á capital a estudar a carreira de Dereito.
En setembro dese ano inicia a súa marcha a Madrid onde cursa a carreira de Dereito, como previsto. No entanto, dedica o curso a escoitar a Fernando de Castro, Francisco de Paula Canalejas, Adolfo Camus e Valeriano Fernández. Alí tamén coñecerá ao fundador da Institución Libre de Ensino, Francisco Giner dos Ríos, que o alentou a escribir e fíxolle sentir curiosidade por unha filosofía, o Krausismo, que marcará fortemente a súa primeira novelística; pero de momento limítase a frecuentar os teatros e crear con outros escritores paisanos seus a «Faladoiro Canaria» en Madrid, mentres acode a ler ao Ateneo aos principais narradores europeos en inglés e francés.
En 1865 asiste aos feitos da Noite de San Daniel, os cales o impresionan vivamente, e ese mesmo ano comeza a escribir como redactor meritorio nos xornais La Nación e El Debate, así como na Revista del Movimiento Intelectual de Europa. Ao ano seguinte, e en calidade de xornalista, é testemuña do pronunciamento dos sarxentos do cuartel de San Gil. Leva unha vida cómoda vivindo primeiro por dúas das súas irmás e logo na casa do seu sobriño, José Furtado de Mendoza. Segundo pintou Ramón Pérez de Ayala, o que as fotografías confirman, era un descoidado no vestir, conformábase sempre con ir de tons sombríos para pasar desapercibido e no inverno levaba enrolada ao pescozo unha bufanda de la branca, cun cabo colgando do peito e outro ás costas, un puro a medio fumar na man e, cando estaba sentado, aos pés o seu can alsaciano. Cortaba o pelo ao cero e padecía horribles xaquecas.
Era proverbial a súa timidez, que lle facía ser máis que parco en palabras e en aspecto dunha modestia inverosímil, ata o punto de sufrir ao falar en público. Entre os seus dotes estaba posuír unha memoria visual portentosa e unha retentiva incrible que lle permitía lembrar capítulos enteiros do Quixote e detalles minúsculos de paisaxes vistas soamente unha vez vinte e cinco anos antes. Diso nacía tamén a súa gran facilidade para o debuxo. Todas estas calidades desenvolveron nel unha das facultades máis importantes nun novelista, o poder de observación.
En 1867 viaxa en calidade de correspondente a París para dar conta da Exposición Universal. Le a Balzac e a Dickens, e traduce deste, a partir dunha tradución francesa, a súa obra máis cervantina, Os papeis póstumos do Club Pickwick. Toda esta actividade supón a súa falta de asistencia ás clases de Dereito e bórrano definitivamente da matrícula en 1868. Nese mesmo ano, prodúcese a chamada revolución de 1868, na que cae a raíña Sabela II. O ano seguinte encárgase de facer crónicas xornalísticas sobre a elaboración da nova Constitución.
En 1870 publica a súa primeira novela, A Fontana de Ouro (La Fontana de Oro) grazas ós cartos da súa tía. En realidade, nesa época a publicación dun libro facíase grazas á axuda dos xornais e das revistas ou corría a conta do autor. Esta obra bosquexa a situación ideolóxica de España durante o Trienio Constitucional (1820-1823).
En 1876, publícase Dona Perfecta, un panfleto anticlerical contra a intolerancia ideolóxica. A pesar das oposicións que suscitou a obra entre os neos ou neocatólicos, Galdós foi elixido membro da Real Academia Española.
Galdós asistiu con regularidade ao vello Ateneo da Rúa da Montera e fai amizade con personaxes de ideoloxía nada afín á súa, pois era home pouco inclinado a fanatismos ideolóxicos; así se fixo grande amigo de José María de Pereda, Antonio Cánovas del Castillo, Francisco Silvela e Marcelino Menéndez Pelayo. Tamén frecuenta os faladoiros do Café inglés, da Iberia e do vello Café de Levante. Fixo varias viaxes por Francia, Inglaterra e Italia, máis a súa amizade con Pereda fíxolle afeccionarse a Santander, en cuxo Sardinero tomou o costume de veranear xunto a Pereda e Menéndez Pelayo, e onde se construíu a súa soada casa de San Quintín. Tamén gustaba de visitar Toledo, cidade pola que sentía un grande agarimo e á que fixo escenario dalgunhas das súas novelas, como Angel Guerra e Tristana. En 1884 viaxou a Portugal en compañía do seu amigo Pereda.
Influencias da amizade regaláronlle a acta de deputado por Porto Rico (1885) e asistiu ás cortes na lexislatura do ano seguinte sen apenas despegar os beizos: o Congreso foi para el un novo observatorio dende o que analizar "a sociedade española como materia novelable", que será o título do seu futuro discurso de ingreso na Real Academia de la Lengua. De 1886 a 1890 comprométese pouco activamente na política xa que é deputado polo partido de Sagasta.
Un laudo arbitral de 1897 independizou a Galdós do seu editor Miguel Honorio da Cámara e dividíndose todo en dúas partes, do que resultou que Galdós, en vinte anos de xestión conxunta, recibira unhas 80.000 pesetas máis do que lle correspondía; despois pescudarase que a Cámara non fora de todo legal respecto ao número e data das edicións das súas obras, de xeito que a Galdós lle quedou en suma un déficit de 100.000 pesetas nese trato. Con todo quedou na súa propiedade o cincuenta por cento do fondo dos seus libros que quedaban agardando a súa venda, 60.000 exemplares en total. Para librarse deles abriu o escritor unha casa editorial co nome de Obras de Pérez Galdós na rúa Hortaleza (número 132 baixo, hoxe 104). Ansioso de recuperar o terreo perdido, comeza anunciando as súas edicións de Dona Perfecta (Doña Perfecta) e O avó (El Abuelo); continuou esta actividade editorial ata 1904, ano en que asinou cansado un contrato de edición coa Editorial Hernando.
A vida sentimental de Galdós non foi moi estudada, en parte pola discreción que o envolveu en tales asuntos e da que fixo gala ata na súa estudadamente anódina Autobiografía, que semella escrita case para desalentar empeños biográficos ulteriores. O caso é que permaneceu solteiro, aínda que foi asiduo cliente de amores mercenarios e tivo unha filla natural dunha nai que se suicidou; tamén se coñece ben a súa relación coa novelista Emilia Pardo Bazán. Durante os seus derradeiros anos consagrouse fundamentalmente ao teatro, para o que entregou vinte e tres pezas, algunhas delas adaptacións das súas novelas, cuxa evolución lle ía reclamando ademais a forma dialogada. Nesta época comeza a aparecer o espiritualismo europeo na súa obra, cando Galdós comeza ademais a sentir un grande interese pola obra de Tolstoi. Tamén na última parte da súa vida padeceu as consecuencias dos seus descoidos económicos e a súa tendencia a endebedarse de forma continua. Segundo o testemuño de Ramón Pérez de Ayala:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benito Pérez Galdós |
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |