A clasificación dos dinosauros empezou en 1842 cando Sir Richard Owen situou Iguanodon, Megalosaurus e Hylaeosaurus nunha "tribo distinta ou suborde dos Réptiles Saurios, para a cal propoño o nome de Dinosauria." En 1887 e 1888 Harry Seeley dividiu os dinosauros en dúas ordes Saurischia e Ornithischia, baseándose na súa estrutura pélvica. Estas divisións demostraron ser moi perdurables, a pesar dos varios cambios de grande importancia que se teñen producido na taxonomía dos dinosauros.
O cambio máis grande foi proposto nas obras do entomólogo Willi Hennig da década de 1950, que evolucionaron orixinando a moderna cladística. Para espécimes coñecidos só por fósiles, a análise rigorosa de caracteres para determinar as relacións evolutivas entre diferentes grupos de animais (clados) demostrou ser tremendamente útil. Cando apareceron as análises baseadas na computación feitas usando a cladística na década de 1990, os paleontólogos convertéronse nos primeiros zoólogos en adoptar estre sistema case incondicionalmente. O escrutinio progresivo e o traballo sobre as interelacións entre os dinosauros, coa axuda de novos descubrimentos que botaron nova luz sobre as previamente incertas relacións entre taxons, empezaron a producir unha clasificación estable desde a metade da década de 2000. Aínda que a cladística é o sistema de clasificación predominante entre os profesionais da paleontoloxía, o sistema linneano está aínda en uso, especialmente en traballos pensados para a súa distribución popular.
Como a maioría dos paleontólogos de dinasauros son partidarios dun cambio desde as clasificacións tradicionais, que eran clasificacións por categorías da taxonomía linneana, a outros sistemas filoxenéticos sen categorías, publicáronse poucas taxonomías de dinosauros con categorías desde a década de 1980. O seguinte esquema é un dos máis recentes, e procede da terceira edición da obra Vertebrate Palaeontology de Benton, un respectado libro de texto universitario. Aínda que está estruturado para reflectir as relacións evolutivas (similares a cladogramas), tamén conserva a división en categorías tradicional usada na taxonomía linneana. A clasificación foi posta ao día na segunda edición de 2000 para reflectir os novos descubrimentos, pero é fundamentalmente conservadora.
Michael Benton clasifica todos os dinosauros dentro da Serie Amniota, Clase Sauropsida, Subclase Diapsida, Infraclase Archosauromorpha, División Archosauria, Subdivisión Avemetatarsalia, Infradivisión Ornithodira e Superorde Dinosauria. Dinosauria é dividido despois nas dúas ordes tradicionais: Saurischia e Ornithischia. O símbolo "†" utilízase par indicar os taxons que están extinguidos.
A seguinte clasificación está baseada na segunda edición de The Dinosauria, unha compilación de artigos de expertos neste campo que proporcionaba o tratamento máis completo dos Dinosauria dispoñible cando foi publicado primeiramente en 1990. A segunda edición actualiza e revisa ese traballo.
O cladograma e as definicións filoxenéticas de máis abaixo reflicten os coñecementos actuais das súas relacións evolutivas. Os taxons e símbolos entre parénteses despois dun determinado taxon definen estas relacións. O símbolo "+" entre taxóns indica que dito taxon é un clado baseado nun nodo (ver cladística), definido como clado que comprende todos os descendentes do último antepasado común dos taxons "engadidos". O símbolo ">" indica que o taxon é un taxon baseado nun tronco, que comprende todos os organismos que comparten un antepasado común que non é tamén un antepasado do taxon "menor".
(Tyrannosaurus/Allosaurus > Triceratops/Stegosaurus)
(Iguanodon/Triceratops > Cetiosaurus/Tyrannosaurus)
En 2017 Matthew G. Baron e os seus colegas publicaron unha nova análise na que propoñen colocar Theropoda (excepto Herrerasauridae) e Ornithischia dentro dun grupo chamado Ornithoscelida (un nome acuñado orixinalmente por Thomas Henry Huxley en 1870), redefinindo Saurischia para comprender Sauropodomorpha e Herrerasauridae. Entre outras cousas isto requiriría que o hipercarnivorismo evolucionou independentemente en Theropoda e Herrerasauridae. Este esquema é actualmente debatido entre os paleontólogos, e estudos recentes atoparon poucas diferenzas entre a tradicional e novos modelos propostos.
Cau (2018), no seu artigo sobre a evolución paso a paso do plan corporal aviario, atopou na análise de parsimonia politomía entre os taxons de grao herrerasauro, Sauropodomorpha e os controvertidos Ornithoscelida. Porén, a análise bayesiana atopou un feble apoio a facer un agrupamento irmán dun Dinosauria e Herrerasauria, pero mostraba un forte apoio á dicotomía entre Sauropodomorpha e Ornithoscelida como se mostra abaixo:
Dracohors |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||