Atlético de Madrid | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Club Atlético de Madrid, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Atleti, Colchoeiros | |||
Fundación | 26 de abril de 1903 | |||
Estadio | Wanda Metropolitano, Madrid, España | |||
Inauguración | 16 de setembro de 2017 | |||
Capacidade | 67.829 | |||
Presidente | Enrique Cerezo | |||
Adestrador | Diego Simeone | |||
Liga | Primeira División | |||
2020–21 | 1º | |||
Vestimenta | Nike | |||
Na rede | ||||
http://www.clubatleticodemadrid.com/ | ||||
| ||||
O Club Atlético de Madrid S.A.D. é un club de fútbol español da cidade de Madrid. Foi fundado o 26 de abril de 1903 e actualmente xoga na Primeira división da Liga española de fútbol.
O club exerce de local, dende a tempada 2017-18, no Wanda Metropolitano, despois de máis de medio século xogando no Estadio Vicente Calderón. O Atlético de Madrid é o terceiro club con máis títulos de liga (11), por detrás do Real Madrid e o FC Barcelona. Conta tamén con varios títulos continentais: dúas Europa League, dúas Supercopas e unha Recopa, ademais dunha Copa Intercontinental.
Actualmente o club ocupa o 5º lugar na clasificación histórica da Primeira División, por detrás do Real Madrid, FC Barcelona, Valencia CF e Athletic Club.
O Atlético de Madrid xoga de local no Estadio Metropolitano, coñecido por motivos de patrocinio como Wanda Metropolitano, propiedade do club. Inaugurado o 16 de setembro de 2017, ten unha capacidade de 67.829 espectadores. Ata 2017 xogaba no Estadio Vicente Calderón, inaugurado en 1966, e anteriormente no Estadio Metropolitano de Madrid.
O Club Atlético de Madrid B, pola súa banda, xoga de local no Miniestadio Cerro del Espino, un recinto deportivo con capacidade para 3.500 espectadores aproximadamente, que forma parte da Cidade Deportiva de Majadahonda.
Tempada | Categoría | Posición | Copa do Rei | LC | RE | UEFA |
---|---|---|---|---|---|---|
1989/90 | 1ª | 4º | 1/8 | 1/38 | ||
1990/91 | 1ª | 2º | 1/32 | |||
1991/92 | 1ª | 3º | 1/4 | |||
1992/93 | 1ª | 6º | 1/8 | Semifinal | ||
1993/94 | 1ª | 12º | 1/8 | 1/16 | ||
1994/95 | 1ª | 14º | 1/4 | |||
1995/96 | 1ª | 1º | ||||
1996/97 | 1ª | 5º | 1/4 | 1/4 | ||
1997/98 | 1ª | 7º | 1/8 | Semifinal | ||
1998/99 | 1ª | 13º | Subcampión | Semifinal | ||
1999/00 | 1ª | 19º | Subcampión | 1/8 | ||
2000/01 | 2ª | 4º | Semifinal | |||
2001/02 | 2ª | 1º | 1/32 |
Tempada | Categoría | Posición | Copa do Rei | LC | UEFA |
---|---|---|---|---|---|
2002/03 | 1ª | 12º | 1/4 | ||
2003/04 | 1ª | 7º | 1/4 | ||
2004/05 | 1ª | 11º | Semifinal | 1/16 | |
2005/06 | 1ª | 10º | 1/8 | ||
2006/07 | 1ª | 7º | 1/8 | ||
2007/08 | 1ª | 4º | 1/4 | 1/16 | |
2008/09 | 1ª | 4º | 1/8 | 1/8 | |
2009/10 | 1ª | 9º | Subcampión | ||
2010/11 | 1ª | 7º | 1/16 | ||
2011/12 | 1ª | 5º | 1/16 | ||
2012/13 | 1ª | 3º | 1/16 | ||
2013/14 | 1ª | 1º | 1/2 | Subcampión | |
2014/15 | 1ª | 3º | 1/4 | 1/4 |
Actualizado a 27 de xuño de 2020.
|
|
O actual presidente do Club Atlético de Madrid é Enrique Cerezo, un produtor cinematográfico que asumiu o cargo no ano 2003, trala dimisión de Jesús Gil.
|
|