Concepción (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Chile | ||||
Rexión | Rexión de Biobío | ||||
Provincia | Concepción | ||||
Comuna | Concepción (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 217.537 (2017) (5.108,9 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 42,58 km² | ||||
Altitude | 12 m | ||||
Punto máis alto | Q5762901 (250 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Pedro de Valdivia (pt) | ||||
Creación | 1550 (Gregoriano) | ||||
Evento clave
| |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 3349001 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 41 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Belén Cuenca Guayaquil Rosario Auckland Cascavel, Paraná La Plata Campinas (1979–) Monterrey (1997–) San Miguel de Tucumán (2013–) | ||||
Páxina web | concepcion.cl |
Concepción ( pronunciación (axuda · info)) é unha cidade chilena, con 216.061 habitantes (INE 2002) e é a capital da VIII rexión de Biobío e da provincia homónima. O territorio comprendido polas comunas de Concepción, Hualpén, Talcahuano, Chiguayante, San Pedro de la Paz e Penco integran a área metropolitana de Gran Concepción, que tiña unha poboación de 889.725 habitantes no 2002.
A cidade foi fundada o 5 de outubro de 1550 polo conquistador español Pedro de Valdivia, baixo o nome de La Concepción de María Purísima del Nuevo Extremo. Formou parte do primeiro intento independentista de Chile, en 1810, ao mando do avogado Juan Martínez de Rozas e foi a cidade capital do Reino de Chile entre os anos 1565 e 1573, quedando mantida como o centro militar e político do reino para o resto do período colonial do país. Desde entón, é o centro da aglomeración rexional máis populoso do país desde os inicios do século XX, e ten como símbolo cultural a Praza da Independencia, que é o lugar onde foi feita a declaración solemne sobre a liberación chilena do realismo español.
Na comuna hai varias pontes, parques e murais. Concepción concentra as súas actividades na área de servizos e funciona como centro financeiro do Gran Concepción. Ten tamén moitos colexios e universidades, entre as cales xa destacan a Universidade de Concepción, a Universidade do Bío-Bío e a Universidade Católica da Santísima Concepción.
Concepción está nunha zona de clima mediterráneo con influencias oceánicas, caracterizado por invernos suaves e veráns templados. A temperatura media anual é de 12,7 °C. Nos meses entre maio e agosto son os máis fríos no inverno, con 10,8 °C/8,8 °C. Os veráns son moi calorosos, xaneiro posúe a media máis alta, con 16,3 °C e todos os anos supéranse os 22 °C en varias ocasións.
As precipitacións teñen unha media anual de 1130,6 mm ao ano, concentradas nos meses de maio a agosto, xuño é o mes máis chuvioso, con 241,3 mm. Hai 102 días de choiva ao ano, 2.616 horas de sol ao ano, ninguna xeada e ningún nevado na zona.
As cidades irmandadas de Concepción:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Concepción |