< | Eón Fanerozoico | | ||
---|---|---|
| ||
No escala de tempo xeolóxico, o Cretáceo é o período da era Mesozoica do eón Fanerozoico que está comprendido entre 145 millóns e 500 mil e 65 millóns e 500 mil anos atrás, aproximadamente. O período Cretáceo sucede o período Xurásico da súa era e precede o período Paleoxeno da era Cenozoica do seu eón.
Divídese nas épocas Cretáceo Inferior e Cretáceo Superior, da máis antiga para a máis recente.
Durante o Cretáceo, os dinosauros alcanzan a seu cumio, mais ao fin do período acaba ocorrendo a extinción dos dinosauros. É no mesmo período cando xorden os mamíferos placentarios primitivos.
Ao longo do Cretáceo, a configuración dos continentes continuou o seu proceso de fragmentación a partir do supercontinente Panxea. Isto levou a un aumento da diversidade de hábitats e a unha maior separación entre as poboacións de especies, impulsando a especiación. O clima do Cretáceo caracterizouse pola súa calidez, cunha notable diminución dos casquetes polares, o que permitiu unha ampla distribución das especies tanto en latitudes altas como baixas.
Ademais dos dinosauros, que dominaban os ecosistemas terrestres, o Cretáceo foi testemuña da expansión das anxiospermas (plantas con flor), que revolucionaron as cadeas alimentarias e proporcionaron novos nichos ecolóxicos. Nos mares e océanos, os invertebrados, como os amonites e os belemnites, proliferaban, mentres que un grupo de dinosauros emplumados comezaban a diversificarse en especies que son as antepasadas das primeiras aves modernas.
A fin do Cretáceo marcouse por unha extinción masiva, na que desapareceron moitas especies, incluídos todos os dinosauros non aviarios. A causa principal críase que foi o impacto dun grande meteorito na rexión que hoxe é a península de Iucatán, o que provocou cambios climáticos catastróficos.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cretáceo |
----
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |