Danmarks Radio

DR
Inicio das emisións 1 de abril de 1925
Propiedade de Estatal Reino de Dinamarca
País Dinamarca Dinamarca
Lingua Dinamarqués
Área de emisión Dinamarca Dinamarca
Sede central Copenhaguen, Dinamarca
Nome(s) anterior(es) Radioordningen (1925-1926)
Statsradiofonien (1926-1959)
Danmarks Radio (1959-1996)

Na rede
www.dr.dk
Twitter: drkoncern Youtube: UCtjVVEXwcB9wLxxaXmN6skA Editar o valor em Wikidata

DR, anteriormente Danmarks Radio, é a corporación de radiodifusión pública de Dinamarca. Fundouse en 1925 e é a empresa de medios de comunicación máis grande do país. Su programación es de servizo público. Actualmente xestiona dez emisoras de radio (catro en frecuencia modulada), seis cadeas de televisión, servizos informativos e un sitio web.

DR é un dos membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión, creada o 12 de febreiro de 1950. Tamén forma parte da asociación escandinava Nordvision.

Historia

O 1 de abril de 1925 comezaron as emisións de Statsradiofonien, a primeira emisora pública de radio en Dinamarca. O seu desenvolvemento foi moi rápido e un ano despois xa contaba cos seus propios boletíns informativos (Radioavisen). En 1927 expandíu a súa cobertura en todo o territorio nacional grazas á instalación dunha emisora de onda media en Kalundborg.

Durante a segunda guerra mundial as emisións da radio danesa estiveron controladas polas forzas de ocupación nazis, polo que os habitantes debían recorrer á BBC ou a radio sueca para informarse sen censura. Cando o conflito terminou, Statsradiofonien volveu á normalidade e reforzouse o seu papel de servizo público para evitar calquera manipulación. A empresa trasladouse en 1941 a unhas novas instalacións en Frederiksberg.

En 1951 consolidou a súa actividade coa creación da segunda cadea de radio (DR P2) e da primeira canle de televisión (DR1), que empezou a emitir en probas o 2 de outubro. Este servizo desenvolveuse coa posta en marcha da súa propia sede TV-Byen en Gladsaxe, a creación do telexornal en 1965 e as primeiras probas en cor, a partir de 1967. En canto á radio, estableceuse un servizo de cadeas rexionais en 1960 e consolidouse a emisión en estéreo en 1968 grazas á frecuencia modulada.

O nacemento de TV2 terminou co monopolio público do ente, que reforzou o seu papel de servizo sen deixar de competir fronte aos medios privados. DR1 foi a única televisión pública do país ata que en agosto de 1996 creouse a alternativa DR2. Ese mesmo ano modifícase o nome da empresa á abreviación DR. Como as sedes de radio e televisión estaban separadas, o Goberno dinamarqués decretou en 1999 a unificación de todas as instalacións nun único complexo, o DR Byen de Copenhaguen, que se inaugurou o 31 de marzo de 2006.

Organización

DR Byen, sede central de DR en Copenhaguen.

DR pertence ao Estado dinamarqués. A súa dirección corre a cargo dun consello executivo de once membros elixidos para un período de catro anos. Tres deles, incluído o presidente, son seleccionados polo Ministerio de Cultura; seis polo Folketing (Parlamento de Dinamarca), e dous polos empregados da corporación. As súas funcións son as de controlar as finanzas e asegurarse do respecto da Lei de Radiodifusión dinamarquesa.

Por baixo atópase o consello de administración, que se encarga da programación e a actividade habitual, sendo o órgano máis visible ao público. Os seus membros son elixidos polo consello executivo. A directora desde 2011 é Maria Rørbye Rønn.

O grupo finánciase cun imposto específico bianual que recada a DR Licens, un organismo integrado en DR. Cóbrase a entidades comerciais e a cidadáns a partir da maioría de idade, establecida nos 18 anos, e independentemente do uso que se de aos medios públicos. No caso dos particulares hai dúas taxas: unha de radio (só cobre reprodutores de radio) e outra de medios, que contempla practicamente calquera obxecto que poida reproducir imaxes, incluídas as conexións a Internet. A cambio, cobre todas as posesións do pagador, a súa parella e os seus fillos. Os pensionistas poden acollerse a un desconto do 50% no pago e os estudantes non están obrigados a afrontalo. Como contrapartida, DR non emite publicidade.

A programación de DR réxese por catro pautas:

  • Xerar valor para a sociedade, cultura e cidadanía dinamarquesa.
  • Establecer nos seus espazos uns estándares de credibilidade, independencia, equilibrio, variedade e calidade.
  • Ofrecer unha programación de calidade en todos os xéneros.
  • Adaptarse aos cambios e desenvolvemento dos medios de comunicación para manter os vínculos coa sociedade.

Servizos

Radio

Emisoras en FM

Mapa coa división rexional de DR P4.

Emiten en frecuencia modulada e DAB.

  • DR P1: Cadea informativa con programas de entretemento e de servizo público. Fundouse en 1926 e foi a primeira radio danesa.
  • DR P2: Emite música clásica, jazz, dramas e acontecementos culturais e artísticos. Creouse en 1951.
  • DR P3: Especializada en música, entretemento e deportes. Dispón de boletíns informativos. Diríxese a un público novo. Comezou as súas emisións 1963.
  • DR P4: Emisora con desconexións locais que mestura radiofórmula e servizos informativos. Está formada por 11 emisoras rexionais e é líder de audiencia.

Emisoras en DAB

Ademais das catro primeiras cadeas, DR conta con cadeas exclusivas para DAB.

  • DR P5: Clásicos do pop
  • DR P6 Beat: Pop-rock e indie
  • DR P7 Mix: Pop e soul
  • DR P8 Jazz: Jazz
  • DR Mama: Radiofórmula xuvenil.
  • DR Ramasjang / DR Ultra: Dirixida ao público infantil
  • DR Nyheder:

Televisión

Logotipo histórico de Danmarks Radio, en uso ata 2013.
  • DR1: Fundada o 2 de outubro de 1951. O seu programación é xeral e é a cadea de televisión con máis audiencia da corporación.
  • DR2: Fundada o 30 de agosto de 1996. Emite series, espazos culturais, documentais e unha programación alternativa á popular DR1.
  • DR3: Fundada o 28 de xaneiro de 2013, en substitución da canle de alta definición. Está dirixida a un público entre os 15 e 39 anos. Emite series internacionais, deporte, cine, documentais e entretemento.
  • DR K: Cadea con programación cultural, educativa e artística.
  • DR Ramasjang: Canle con programación infantil.
  • DR Ultra: Emite unha programación xuvenil.

Notas

  1. Dispatch, ed. (24 de febreiro de 2013). "DR: Entertaining a Nation" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de maio de 2013. 
  2. radiohistoriskforeningvest.dk, ed. (2013). "”Danmarks Radio København - Kalundborg”" (en danés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de maio. 
  3. DR (ed.). "DR Executive Board" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2013. Consultado o 27 de maio de 2013. 
  4. 4,0 4,1 DR (ed.). "Licens & Programservice" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2013. Consultado o 27 de maio de 2013. 
  5. DR (ed.). "DR – for you and everybody in Denmark" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2013. Consultado o 27 de maio de 2013. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas