Devlet Bahçeli

Infotaula de personaDevlet Bahçeli

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1948 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Bahçe, Turquía (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deputado da Grande Asemblea Nacional de Turquía
7 de xullo de 2018 –
Lexislatura: 27th Parliament of Turkey (en) Traducir

Circunscrición electoral: Osmaniye (en) Traducir

Deputado da Grande Asemblea Nacional de Turquía

Lexislatura: 26th Parliament of Turkey (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeTurquía Editar o valor em Wikidata
RelixiónSunnismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónGazi University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , economista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorGazi University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido de Ação Nacionalista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua turca Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webdevletbahceli.com.tr Editar o valor em Wikidata
Twitter: dbdevletbahceli Editar o valor em Wikidata
Devlet Bahçeli durante a presentación do manifesto do seu partido para as eleccións de xuño de 2015

Devlet Bahçeli, nado en Bahçe o 1 de xaneiro de 1948, é un político turco, presidente do Partido de Acción Nacionalista (MHP) desde o 6 de xullo de 1997.

Traxectoria

Naceu na provincia de Osmaniye, e alí realizou estudos de primaria e en Istambul os de secundaria. Estudou económicas en Ancara, doutorándose na Universidade de Gazi, institución da que foi profesor de economía ata 1987.

Carreira política

En 1987, Devlet Bahçeli entrou na dirección do Partido Laborista Nacionalista (MÇP), antecesor do Partido de Acción Nacionalista (MHP) establecido o 24 de xaneiro de 1993. Tras a morte o 5 de abril de 1997 do seu fundador e líder, Alparslan Türkeş, converteuse o 6 de xullo de 1997 no segundo presidente do MHP. Elixido parlamentario nas eleccións de 1999 a 2002, Bahçeli serviu como viceprimeiro ministro no goberno de coalición (DSP-ANAP-MHP) de Bülent Ecevit. En 2002 perdeu a súa acta de deputado que recuperou en 2007.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos