Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de marzo de 1973 (51 anos) Litvínov (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República Checa |
Altura | 180 cm |
Peso | 60 kg |
Cor dos ollos | Verde |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Campo de traballo | Modelling (en) |
Ocupación | modelo , actriz , actriz de cinema |
Lingua | Lingua checa |
Familia | |
Cónxuxe | Tico Torres (1996–1998) |
Páxina web | evaherzigova.com |
|
Eva Herzigová, nada en Litvínov o 10 de marzo de 1973 é unha supermodelo e actriz checa.
Herzigová naceu en Litvínov, entón en Checoslovaquia, filla dunha contable e un electricista. Comezou a traballar como modelo tras gañar un concurso de beleza en Praga en 1989. Foi membro de Metropolitan Models, de Thomas Zeumer.
Tras chegar a París, a súa popularidade aumentou. A súa primeira aparición importante como modelo foi para a primeira campaña do Wonderbra. En 1994, o executivo de publicidade Trevor Beattie, que traballaba para TBWA/London, creou un anuncio para a campaña "Hello Boys" de Sara Lee. Incluía un primeiro plano de Herzigová levando un Wonderbra negro. O anuncio empregaba só dúas palabras: "Hello boys" ("Ola, rapaces"). O influente póster mostrouse nunha exposición no Victoria and Albert Museum de Londres e foi votado no número 10 nun concurso do "Póster do Século". O cartel foi votado en 2011 como o anuncio máis icónico das cinco décadas anteriores por parte de Outdoor Media Centre.
Herzigová tamén participou en campañas para Guess?, o catálogo de Victoria's Secret e Sports Illustrated. Apareceu en numerosas revistas de moda internacionais, tendo portadas en Vogue, Harper's Bazaar, Elle, Marie Claire, Numéro e Allure. Desfilou para diferentes deseñadores como Louis Vuitton, Benedetta Dubini, Giles Deacon, Emilio Pucci e Versace.
Herzigová protagonizou un filme artístico sobre moda de Imagine Fashion chamado Decadent Control con Roberto Cavalli. Amosaba creacións de Agent Provocateur e H&M. Herzigová posou para a edición de agosto de 2004 de Playboy. En 2006, interpretou a Venus na cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de Inverno. En 2016, Herzigová apareceu en campañas para Giorgio Armani e Dior Beauty.
Herzigová casou con Tico Torres, batería de Bon Jovi, en setembro de 1996. A parella divorciouse en xuño de 1998.
Herzigová ten tres fillos con Gregorio Marsiaj: George (nado o 1 de xuño de 2007), Philipe (nado o 13 de marzo de 2011) e Edward (nado o 20 de abril de 2013).
Título | Ano | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
Inferno | 1992 | Telefilme | |
Les Anges gardiens | 1995 | Tchouk Tchouk Nougat | |
My Best Friend's Wife | 1998 | Frida Seta | |
Just for the Time Being | 2000 | Christine | |
Modigliani | 2004 | Olga Khokhlova | |
The Picture of Dorian Gray | 2005 | sen acreditar | |
Eva | 2005 | ela mesma | curtametraxe de Gaspar Noé |
Girl Panic! | 2011 | Nick Rhodes | vídeo musical de Duran Duran |
Cha cha cha | 2013 | Michelle | |
Storyteller | 2014 | ||
A Prominent Patient | 2017 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eva Herzigová |