Ewa Kłobukowska

Infotaula de personaEwa Kłobukowska

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Varsovia, Polonia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia Editar o valor em Wikidata
Altura170 cm Editar o valor em Wikidata
Peso60 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónvelocista , atleta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1964Xogos Olímpicos de 1964 Editar o valor em Wikidata
Premios

IAAF: 14430637 Olympic.org: ewa-klobukowska Editar o valor em Wikidata

Ewa Janina Kłobukowska, nada en Varsovia o 1 de outubro de 1946, é unha economista e ex atleta polaca, especializada na proba de 4×100 m, na que chegou a ser campioa olímpica en 1964.

Todos os seus títulos e récords foron anulados pola Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF) en 1967, cando foi sometida a unha proba de xénero en que se decidiu que debía ser considerada xeneticamente como un varón. Posteriormente se descubriu que os procedimentos da proba eran inadecuados.

Traxectoria

Primeiros anos

Kłobukowska nacu nunha familia de intelectuais. En 1965 graduouse na Escola Técnica de Economía e en 1972 da Escola de Economía de Varsovia.

Éxitos deportivos

Competiu nos Xogos Olímpicos de Tokio, nos que obtivo unha medalla de ouro e un récord olímpico no relevo de 4×100 m cun tempo de 43,6 segundos. O equipo polaco, formado tamén por Irena Kirszenstein, Halina Górecka e Teresa Cieply, chegou á meta por diante dos Estados Unidos e do Reino Unido. Tamén obtivo unha medalla de bronce pola proba de velocidade dos 100 m.

No Campionato Europeo de Atletismo de 1966 gañou dúas medallas de ouro e unha de prata.

Kłobukowska estableceu tres récords mundiais, un nos 100 m (11,1 s) o 9 de xullo de 1965 en Praga e dous no relevo de 4×100 m (44,2 s e 43,6 s) o 13 de setembro de 1964 en Lodz e o 21 de outubro de 1964 en Tokio.

Anulación por proba de xénero

Durante o Campionato Europeo de Atletismo de 1967, celebrado en Kíiv, Kłobukowska non pasou unha proba de xénero tradicional para a competeción feminina. De acordo á IAAF, tiña un mosaico xenético de XX/XXY. Por esa razón foille prohibido competir en competicións deportivas profesionais femininas.

Ademais de prohibirlle competir, a IAAF borrou os tres récords mundiais establecidos por Kłobukowska, incluídos os dous récords do equipo no relevo de 4×100 m.

Posteriormente modificáronse as análises médicas, e se competise nos Xogos Olímpicos de 1968 en México pasaría a proba, xa que se demostrou que, a pesar do seu mosaico xenético era positiva a análise de corpos de Barr, é dicir, Kłobukowska é xenotipicamente unha muller. Neses xogos olímpicos, as atletas suspendidas para as probas femininas foron exclusivamente as que non presentaban corpúsculo de Barr. De feito, Kłobukowska deu a luz o seu primeiro fillo en 1968.

A humillación pública á que fora sometida Kłobukowska, sumada ao posterior recoñecemento do erro en que incorrera a IAAF, levaron a un cambio nas políticas de verificación de xénero por parte do Comité Olímpico Internacional, que dende entón mantivo os resultados das probas en segredo.

Notas

  1. "Ewa Kłobukowska" (en inglés). Comité Olímpico Internacional (IOC). Consultado o 11 de decembro de 2017. 
  2. Ritchie, R.; Reynard, J.; Lewis, T. (2008). "Intersex ande the Olympic Games". JRSM (en inglés) 101 (8): 395. doi:10.1258/jrsm.2008.080086. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Kłobukowska Ewa". Polish Olympic Committee (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  4. "Ewa Kłobukowska". Sports Reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2015. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  5. Ferguson-Smith, M.A.; Ferris, E.A. (1991). "Gender verification in sport: The neede for change?". British Journal of Sports Medicine (en inglés) 25 (1): 17–20. PMC 1478807. PMID 1817477. doi:10.1136/bjsm.25.1.17. 
  6. "Athletics at the 1964 Tokyo Summer Games: Women's 4 × 100 metres Relay". Sports Reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2015. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  7. Adams, Guy (1 de agosto de 2012). "Tarnishede gold: Some of the 'great' Olympics cheats". The Independent (en inglés). 
  8. Schultz, Jaime; Wagg, Stephen (2012). "Disciplining Sex: 'Gender Verification' Policies ande Women's Sports". En Jefferson Lenskyj, Helen. The Palgrave Handbook of Olympic Studies (en inglés). Palgrave Macmillan. pp. 443–60. ISBN 9780230367463. Consultado o 2 de marzo de 2015.