Celebración | Relixión da Grecia antiga |
---|---|
Familia | |
Cónxuxe | Ceo |
Fillos | Astéria (pt) , Aphirape (en) , Lelantos (en) , Latona (en) , Leto |
Pais | Urano e Xea |
Na mitoloxía grega, Febe (en grego antigo Φοίβη, Phœbē, que significa 'brillo', era unha das Titánides, filla de Urano (o Ceo) e Xea (a Terra). Hesíodo descríbea como coroada de ouro . Outros epítetos que se lle aplican son a áurea Febe ou Febe a brillante.
Casou con Ceo, con quen tivo dúas fillas: Leto e Asteria. Leto uniuse a Zeus e procreou a Apolo e Artemisa.
"Febe, pola súa parte, acudiu ó moi amado leito de Ceo; logo a deusa, tras quedar embarazada, deu a luz a Leto, de escuro peplo, sempre suave... Tamén pariu á famosa Asteria, á que en certa ocasión Perses levou á súa gran casa para facela a súa esposa".(Hesíodo: Teogonía 404-411)
Recibiu de Temis o control do oráculo de Delfos, e posteriormente regalouno a Apolo no seu aniversario .
Co nome de Febe coñécese tamén unha filla de Leucipo de Mesenia, esposa de Pólux; e unha das fillas de Helio (o Sol).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Febe |