François Hollande, nado en Ruán o 12 de agosto de 1954, é un político francés. O 6 de maio de 2012 foi elixido presidente da República Francesa.
Foi Primeiro secretario do Partido Socialista de 1997 a 2008, alcalde de Tulle de 2001 a 2008, deputado da Corrèze de 1988 a 1993 e de novo dende 1997, e preside a deputación provincial (Conseil général) da Corrèze dende 2008.
François Gérard Georges Nicolas Hollande é fillo do doutor Georges Gustave Hollande, nado en 1923, médico otorrinolaringólogo, que fora candidato nunha lista de extrema dereita para as eleccións municipais de Ruán en 1959 e en 1965. A súa nai, Nicole Frédérique Marguerite Tribert, católica de esquerda nada en 1927 e falecida en 2009, era asistente social. Esta última figuraba en 2008 sobre a lista do Partido socialista francés para as eleccións municipais da cidade de Cannes.
Pasa a súa infancia en Bois-Guillaume, cidade residencial sobre as alturas de Rúan, e é interno no colexio La Salle de Rúan.
En 1968, a familia trasladase para Neuilly-sur-Seine.
Alumno no liceo Pasteur de Neuilly-sur-Seine, François Hollande persegue os seus estudos na facultade de dereito de París, onde obtén o grao de licenciado, despois na Escola de altos estudos comerciais de París (en francés: HEC :École des hautes études commerciales de Paris) e no Instituto de estudos políticos de París (en francés: Institut d'études politiques de Paris coñecido como Sciences Po), onde milita en favor de UNEF-Renouveau, sindicato de estudantes proximo do Partido comunista francés. Sae 7º da Escola Nacional de Administración (en francés: École Nationale d'Administration, coñecida como ÉNA), na promoción Voltaire (promoción dos diplomados en 1980).
A carreira política de François Hollande está vinculada ao seu apego á Corrèze.
Designado candidato do Partido Socialista (PS) e do Partido radical de esquerda (PRG) para a elección presidencial de 2012 ao final dunha primaria, cualifícase para a segunda volta, sucedendo na cabeza da primeira volta, diante do presidente Nicolas Sarkozy, o 22 de abril de 2012. Vencedor na segunda volta, é elixido 24º presidente da República francesa o 6 de maio de 2012 , co 51,63 % das voces, cara ao presidente saínte, Nicolas Sarkozy.
A súa investidura fíxose o 15 de maio de 2012 no pazo do Elisio. Volveuse igualmente ex-officio copríncipe francés de Andorra. O 15 de maio de 2012 nomeou Jean-Marc Ayrault, alcalde de Nantes, primeiro ministro.
En 1974, preside a sección do UNEF no Instituto de estudos políticos de París. Entra na Escola de altos estudos comerciais de París e diríxe o comité de apoio á candidatura de François Mitterrand para as eleccións presidenciais.
En 1979 adhírese ao Partido socialista.
Predecesor: Nicolas Sarkozy |
Presidente da República Francesa 2012 - 2017 |
Sucesor: Emmanuel Macron |
Predecesor: Nicolas Sarkozy |
Copríncipe de Andorra (Con Joan Enric Vives i Sicília) 2012 - 2017 |
Sucesor: Emmanuel Macron |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: François Hollande |