Gran Enciclopèdia Catalana | |
---|---|
Imaxe dos 25 volumes da Gran Enciclopèdia Catalana. | |
Autor/a | Varios |
Orixe | Cataluña |
Lingua | Lingua catalá |
Tema(s) | Temática xeral |
Xénero(s) | Consulta (enciclopedia) |
Editorial | Grup Enciclopèdia Catalana |
Data de pub. | 1967-2009. |
A Gran Enciclopèdia Catalana (GEC) é unha enciclopedia xeral escrita en lingua catalá. Recolle alfabeticamente toda clase de entradas históricas, xeográficas, culturais etc. de todo o mundo, vistas, cando se presta, cunha óptica catalá, e moi especialmente novas semellantes do ámbito catalán. Tamén contén un amplo dicionario de léxico común que foi revisado na primeira edición da obra por Ramon Aramon i Serra. Posteriormente, saíron diversas edicións e volumes de apéndice e tamén posúe unha versión dixital. No ano 1991 foi galardoada co Premio Creu de Sant Jordi.