Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 15 de 19 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014. | ||
Trazado do circuíto de Suzuka. | ||
Data | 5 de outubro de 2014 | |
Nome oficial | Gran Premio do Xapón de Fórmula 1 de 2014 | |
Localización | Circuíto de Suzuka, Suzuka, Prefectura de Mie, Xapón | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 5´807 km | |
Distancia | 44 voltas, 255´508 km | |
Clima | Choiva | |
Pole position | ||
Piloto | Nico Rosberg | Mercedes |
Tempo | 1:32.506 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Lewis Hamilton | Mercedes |
Tempo | 1:51.600 na volta 39 | |
Podio | ||
Primeiro | Lewis Hamilton | Mercedes |
Segundo | Nico Rosberg | Mercedes |
Terceiro | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault |
O Gran Premio do Xapón de 2014, foi a décimo quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 2014. Celebrouse o 5 de outubro de 2014 no circuíto de Suzuka, en Suzuka, Xapón, foi a 15ª rolda da tempada 2014 e o 41º Gran Premio do Xapón.
A carreira terminou prematuramente detrás do coche de seguridade na volta 44. Jules Bianchi tivo un grave accidente e trasladárono a un hospital local próximo.
O Tifón Phanfone, que se clasifica como unha tormenta de categoría catro, está previsto que toque terra na costa oriental do Xapón o domingo do Gran Premio, acompañado de fortes choivas e ventos de ata 240 km/h. Aínda que se espera que o curso prognosticado da tormenta non chegue a Suzuka, espérase que o extremo norte da tormenta empape o circuíto con choiva intensa.
As fortes choivas fixeron que a carreira comezara detrás do coche de seguridade, pero a pista estaba demasiado mollada para correr. Case 20 minutos máis tarde, a choiva diminuíra e a carreira reiniciouse, unha vez máis detrás do coche de seguridade. Fernando Alonso retirouse da carreira cando o seu auto apagouse logo da reanudación.
O coche de seguridade retirouse na volta 9. Todos os pilotos cambiaron a pneumáticos intermedios nas voltas seguintes. Jenson Button beneficiouse enormemente das paradas en boxes, subindo á terceira posición. Lewis Hamilton, logo de comezar a carreira por detrás do seu compañeiro de equipo Nico Rosberg, logrou alcanzalo no liderado da carreira na primeira curva da volta 29, con Rosberg loitando co desgaste dos pneumáticos.
Red Bull elixira unha posta a punto máis adecuado para condicións de mollado nesta carreira, sacrificando o rendemento na clasificación. Esta aposta funcionou na carreira, con Sebastian Vettel terminando terceiro e Daniel Ricciardo cuarto, desde a novena e sexta posición, respectivamente.
A carreira terminou prematuramente detrás do coche de seguridade, os resultados finais da carreira foron os da volta 44. Jules Bianchi trompeou e o seu Marussia chocou cun guindastre que estaba quitando o Sauber de Adrian Sutil, que se estrelara na volta anterior. Saíu o coche de seguridade e a carreira foi posteriormente cancelada con bandeira vermella. Bianchi quedou inconsciente despois do accidente. Foi trasladado en ambulancia ó hospital da Universidade de Mie. Segundo o seu pai, Bianchi está nunha operación para reducir as graves contusións na cabeza. Posteriormente a FIA emitiu un comunicado dicindo que Bianchi sufriu un "traumatismo craneoencefálico grave" no accidente, e permanecía en coidados intensivos logo da cirurxía.
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:33.671 | 1:32.950 | 1:32.506 | 1 |
2 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:33.611 | 1:32.982 | 1:32.703 | 2 |
3 | 77 | Valtteri Bottas | Williams | 1:34.301 | 1:33.443 | 1:33.128 | 3 |
4 | 19 | Felipe Massa | Williams | 1:34.483 | 1:33.551 | 1:33.527 | 4 |
5 | 14 | Fernando Alonso | Ferrari | 1:34.497 | 1:33.675 | 1:33.740 | 5 |
6 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-Renault | 1:35.593 | 1:34.466 | 1:34.075 | 6 |
7 | 20 | Kevin Magnussen | McLaren-Mercedes | 1:34.930 | 1:34.229 | 1:34.242 | 7 |
8 | 22 | Jenson Button | McLaren-Mercedes | 1:35.150 | 1:34.648 | 1:34.317 | 8 |
9 | 1 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | 1:35.517 | 1:34.784 | 1:34.432 | 9 |
10 | 7 | Kimi Raikkonen | Ferrari | 1:34.984 | 1:34.771 | 1:34.548 | 10 |
11 | 25 | Jean-Eric Vergne | Toro Rosso-Renault | 1:35.155 | 1:34.984 | 21 | |
12 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:35.439 | 1:35.089 | 11 | |
13 | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso-Renault | 1:35.210 | 1:35.092 | 12 | |
14 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 1:35.000 | 1:35.099 | 13 | |
15 | 99 | Adrian Sutil | Sauber-Ferrari | 1:35.736 | 1:35.364 | 14 | |
16 | 21 | Esteban Gutiérrez | Sauber-Ferrari | 1:35.308 | 1:35.681 | 15 | |
17 | 13 | Pastor Maldonado | Lotus-Renault | 1:35.917 | 22 | ||
18 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Renault | 1:35.984 | 16 | ||
19 | 9 | Marcus Ericsson | Caterham-Renault | 1:36.813 | 17 | ||
20 | 17 | Jules Bianchi | Marussia-Ferrari | 1:36.943 | 18 | ||
21 | 10 | Kamui Kobayashi | Caterham-Renault | 1:37.015 | 19 | ||
22 | 4 | Max Chilton | Marussia-Ferrari | 1:37.481 | 20 | ||
107% tempo: 1:40.163 | |||||||
Fonte: |
|
|
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Xapón de 2014 |
Carreira anterior: Gran Premio de Singapur de 2014 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2014 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Rusia de 2014 |
Carreira anterior: Gran Premio do Xapón de 2013 |
Gran Premio do Xapón | Carreira seguinte: Gran Premio do Xapón de 2015 |