Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Paul Gustave Louis Christophe Doré 6 de xaneiro de 1832 Estrasburgo, Francia |
Morte | 23 de xaneiro de 1883 (51 anos) París, Francia |
Causa da morte | Morte natural |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 22 Grave of Gustave Doré (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | Lycée Charlemagne (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | pintor , litógrafo , artista gráfico , gravador , artista de banda deseñada , ilustrador , caricaturista , escultor |
Período de actividade | 1844 - 1883 |
Empregador | Le Charivari (en) |
Xénero artístico | Pintura de historia, alegoria (pt) , arte sacra, figure (en) , Caricatura e retrato |
Movemento | Romanticismo e Simbolismo |
Alumnos | Édouard Riou (pt) |
Influencias | |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Parella | Alice Ozy (pt) |
Cronoloxía | |
25 de xaneiro de 1883 | Funeral (Sainte-Clotilde Church (en) ) |
Premios | |
Gustave Doré, nado en Estrasburgo o 6 de xaneiro de 1832 e finado en París o 23 de xaneiro de 1883, foi un ilustrador e pintor francés. A súa valía foi recoñecida internacionalmente durante a súa vida.
Fillo dun enxeñeiro de Camiños, comezou a deseñar aos trece anos as primeiras litografías. Un ano despois, publicouse o seu primeiro álbum: Les travaux d'Hercule (Os traballos de Hércules). Aos quince anos, Gustave Doré é enrolado como caricaturista no Journal pour rire (Xornal para rir) de Charles Philipon. No mesmo ano, en 1848, estréase no famoso Salón con dous deseños á pluma. En 1849, no pasamento do pai, xa é moi coñecido con tan só dezaseis anos. Vive entón preto da mai. A partir de 1851, ao tempo que expón os seus lenzos, realiza tamén algunha escultura de tema relixioso e colabora con diversas revistas como o Journal pour tous (Xornal para todos). En 1854, o editor Joseph Bry publica unha edición das obras de François Rabelais, ilustrada cunha centena das súas gravuras. Entre 1861 e 1868, ilustra A Divina Comedia de Dante.
De cada máis recoñecido, ao tempo autodidacta e exuberante, Gustave Doré ilustrará entre 1852 e 1883 máis de cento e vinte volumes que non só aparecerían en Francia, senón tamén en Inglaterra, na Alemaña e Rusia. Gustave Doré influirá en numerosos ilustradores.
Como pintor realizaría as súas obras principais : L'Enigme (O Enigma) (Museo de Orsay) e Le Christ quittant le prétoire (Ecce Homo) (1867-1872), un cadro de 6 metros de alto e 9 metros de ancho Museo de arte moderna e contemporánea de Estrasburgo.
En 1931, Henri Leblanc publicou un catálogo razoado que recolle 9.850 ilustracións, 68 títulos de música, 5 carteis, 51 litografías orixinais, 54 aguadas, 526 deseños, 283 acuarelas, 133 pinturas e 45 esculturas.
Gustave Doré ilustrou máis de cen obras mestras da literatura universal
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gustave Doré |