Igrexa católica armenia | |
---|---|
Historia | |
Fundación | Século I - Evanxelización dos armenios 1742 - Patriarcado de Cilicia |
Separada de | Igrexa apostólica armenia |
Parte de | Igrexa católica |
Goberno | |
Tipo de goberno | Episcopal |
Patriarca de Cilicia | Rafael Pedro XXI |
Outros datos | |
Sede central | Líbano |
A Igrexa católica armenia (en armenio: Հայ Կաթողիկէ Եկեղեցի, Hay Kat’oġikē Ekeġec’i) é unha Igrexa particular da Igrexa católica, que ten orixe nos diversos movementos de unión por partes da Igrexa apostólica armenia coa Igrexa católica. A principal das unións tivo lugar en 1742, dando lugar ao patriarcado de Cilicia.
Ten presenza principalmente no Líbano, Irán, Iraq, Exipto, Siria, Turquía, Israel e Palestina, e noutros países onde hai diáspora armenia. Segundo datos do Annuario Pontificio, estímase o seu número de fieis en arredor de 740.000 (2015).
A súa sé está en Bzoummar, no Líbano. O primado é o patriarca de Cilicia Gregorio Pedro XX Kaproyean.
A tradición sostén que os primeiros evanxelizadores de Armenia foron os apóstolos Bertomeu e Tadeo, aínda que non está claro se o segundo é o apóstolo ou un dos setenta discípulos (Tadeo de Edesa). Bertomeu tería evanxelizado o norte do país, e Tadeo o sur.
Segundo a tradición, Tadeo viaxou inicialmente a Edesa, e de alí a Vaspurakan. Na súa evanxelización en Vaspurakan converteu a moita xente, entre eles á filla do rei Sanatruces, Sandukht. Isto motivou que o rei mandase matar a Tadeo e a Sandukht, quen segundo a tradición é a primeira mártir armenia. Pola súa parte, Bertomeu tería predicado en Syunik, e tamén tería finado como mártir. Da predicación destes xurdiron as primeiras comunidades cristiás entre os armenios. Inicialmente estas primeiras comunidades cristiás estaban en comuñón co resto de comunidades cristiás primitivas, e a armenia era unha igrexa misioneira da Igrexa de Cesarea.
No período entre a predicación dos apóstolos até comezos do século IV os cristiáns sufriron persecucións en Armenia.
En 301 o Reino de Armenia converteuse na primeira nación en adoptar o cristianismo como relixión oficial.
A Igrexa armenia aceptou as conclusións dos tres primeiros concilios ecuménicos (Nicea en 325, Constantinopla en 381, e Éfeso en 431). A separación comezou no concilio de Calcedonia de 451. Neste concilio, non participaron bispos armenios, e só acudiron cregos armenios do Imperio Bizantino. A non participación dos armenios en Calcedonia debeuse á rebelión dos armenios do Imperio Sasánida en 451, que levou á batalla de Avarayr. A rebelión tivo lugar ao tratar de impor Yazdegerd II a adherencia dos armenios ao zoroastrismo.
En Calcedonia proclamouse a seguinte definición cristolóxica sobre a natureza de Cristo:
Logo do concilio en Armenia, e até 491, non houbo discusións na Igrexa armenia sobre as conclusións do concilio. Os movementos anticalcedonianistas comezaron coa chegada de cregos monofisistas siríacos, e os armenios comezaron a manifestar reservas sobre Calcedonia. Non foi até 506, no concilio de Dvin, que a igrexa armenia comezou a tomar posicións mais anticalcedonianas: a doutrina de Calcedonia foi implicitamente rexeitada ao percibila como unha sorte de nestorianismo ou diofisismo, e foi aprovado o Henotikon de Zenón. A primeira condena clara veu no pontificado de Narsés II, na segunda asemblea de Dvin en 554, na que se condenou á Igrexa imperial como nestoriana. A separación formal, porén, non chegou até o terceiro concilio de Dvin, en 607, cando foi condenada a aceptación de Calcedonia polo catholicos Kirion I da Igrexa do Reino de Iberia. Este rexeitamento claro do concilio de Calcedonia non significou, porén, unha interrupción das comunicacións coas Igrexas calcedonianas, e durante moitos séculos os armenios calcedonianos e non calcedonianos conviviron nunha mesma Igrexa.
Logo de que a Igrexa apostólica armenia crebase a comuñón coas Igrexas calcedonianas no século V, producíronse ao longo dos séculos varios movementos de unión de bispos e fieis armenios cara a Igrexa católica.
Durante as cruzadas, a igrexa do reino armenio de Cilicia entrou en unión coa Igrexa católica.
A unión foi confirmada durante o Concilio de Florencia en 1439 coa bula Exultate Deo, e ampliada a toda a Igrexa armenia. Malia non perdurar, a partir de entón varias congregacións armenias aceptaron a unión e a autoridade papal.
Na China medieval, os armenios convertéronse ao catolicismo baixo a guía de Xoán de Montecorvino en Pequín, e houbo tamén unha comunidade franciscana armenia en Quanzhou.
En 1630 o arcebispo de Lviv dos armenios, Mikołaj Torosowicz, fixo unha profesión de fe católica, entrando xunto á súa arquidiocese en comuñón coa Igrexa católica. Dita unión foi confirmada pola Santa Sé o 8 de novembro.
No Imperio Otomán, no que vivían a maioría dos armenios, as comunidades non musulmás se rexían polo sistema de millet. En 1461 o sultán Mehmed II levou ao bispo de Bursa Hovakim I a Constantinopla, co propósito de facelo cabeza dos armenios do imperio, converténdose Hovakim no primeiro patriarca armenio de Constantinopla, con autoridade sobre todos os armenios súbditos do imperio.
Deste xeito, aos armenios católicos se lles impedía ter o seu propio clero, templos, cultos, etc. Porén, o certo é que até este momento non había unha Igrexa católica armenia con xerarquía diferenciada, senón que na Igrexa armenia convivían os católicos e os apostólicos: había católicos armenios non só no Imperio Otomán, senón tamén en Persia, Crimea, Polonia, Transilvania e os territorios da Península Itálica.
Porén, dende finais do século XVII as relacións entre armenios católicos e apostólicos foron empeorando, o que culminou cando o sacerdote católico Gomidas Keumurdjian foi acusado de provocar disturbios ao propagar a unión con Roma, e foi executado en 1707 en Constantinopla.
En 1714 tivo lugar o primeiro intento de estabelecer unha xerarquía separada para os armenios católicos: unha asemblea de prelados e representantes católicos reunida en Constantinopla elixiu o bispo de Mardin Melkon Tazbazian, católico, como patriarca dos armenios católicos. Porén, os participantes foron arrestados, e Tazbazian foi condenado a galeras xunto a Abraham Arçiwean.
Unha vez liberado, e logo da morte de Lucas I, o 26 de novembro de 1740 Arçiwean foi elixido catholicos de Cilicia. A súa elección foi confirmada polo papa Bieito XIV, quen lle concedeu o palio e lle confirmou o título de Catholicos-Patriarca de Cilicia en novembro de 1742. As autoridades otomás negáronse a aceptar o estabelecemento dunha xerarquía diferenciada para os católicos armenios, polo que Arçiwean estabeleceu a sé patriarcal no Monte Líbano.
Posteriormente, en 1830 foi erixida a arquieparquía de Constantinopla, e inicialmente dependeron dela as dioceses de Angora, Artvin, Bursa, Erzurum, Trebisonda e Isfahán. O resto de dioceses dependían do patriarcado de Cilicia.
Esta situación anormal se prolongou até 1866, cando o arcebispo de Constantinopla Anton Hasownean foi elixido patriarca. A sé de Constantinopla foi entón unida á do patriarcado, o que se mantivo até 1928 cando o patriarcado foi movido novamente ao Líbano e a sé de Constantinopla foi restaurada como sé diferenciada.
A Igrexa armenia sufriu un forte impacto co xenocidio armenio, xa que a práctica totalidade das dioceses no territorio da actual Turquía quedaron sen case poboación, fuxindo os fieis a outros lugares do mundo.
Segundo datos do Annuario Pontificio de 2015, os fieis católicos armenios dependentes de xurisdicións da súa propia igrexa son 736.956. Porén, estes números non contemplan a aqueles fieis que residen en lugares nos que non hai ningunha circunscrición católica armenia, como é o caso de España, ou que na diáspora non se teñen rexistrado en ningunha das xurisdicións existentes, polo que o número total é maior.
Dos rexistrados, a maioría (600.000) dependen do ordinariato de Europa Oriental, con sé en Gyumri (Armenia) e xurisdición sobre Armenia, Xeorxia, Rusia e Ucraína. O resto dos fieis rexistrados concéntranse no Líbano e Siria, América e Francia.
O caso do Líbano é particular: a mediados do século XIX a poboación de católicos armenios era de arredor de 10.000 fieis. Porén, atópanse moi mesturados cos católicos maronitas e empregan ademais do armenio o árabe na liturxia, polo que a diferenciación como grupo é menos clara hoxe.
Por mor do xenocidio armenio, a estrutura da Igrexa católica armenia variou moito: os masacres e os desprazamentos remataron coa práctica totalidade das dioceses armenias no territorio da actual Turquía. Antes do xenocidio, as dioceses católicas armenias eran as seguintes:
Xurisdicións da Igrexa católica armenia en 1914 | ||||||||
Xurisdición | Rango | País | Estabelecemento | Supresión | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Non | ||||||||
Non | ||||||||
Non | ||||||||
Non | ||||||||
Non | ||||||||
Non | ||||||||
En 2020 a Igrexa católica armenia está estruturada nas seguintes sés:
Xurisdicións da Igrexa católica armenia | ||||||||
Xurisdición | Rango | País | Estabelecemento | Ordinario | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gregorio Pedro XX | ||||||||
Gregorio Pedro XX | ||||||||
Petros Miriatean | ||||||||
(Sé vacante) | ||||||||
Lévon Boghos Zékiyan | ||||||||
(Sé vacante) | ||||||||
Grigor-Ogostinos Gowsan | ||||||||
Sarkis Davidian | ||||||||
(Sé vacante) | ||||||||
Mikaël Antoine Mouradian | ||||||||
Elie Yéghia Yéghiayan | ||||||||
Pablo León Hakimian | ||||||||
Pablo León Hakimian | ||||||||
Raphaël François Minassian | ||||||||
(Sé vacante) | ||||||||
(Sé vacante) | ||||||||
Joseph Arnaouti | ||||||||
Nersès Joseph Zabbara |