León III, papa

Infotaula de personaLeón III, papa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Leo PP. III Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento750 Editar o valor em Wikidata
Roma (Estados Pontificios) Editar o valor em Wikidata
Mortep. 12 de xuño de 816 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro Editar o valor em Wikidata
96º Papa
31 de decembro de 795 – 12 de xuño de 816 (Gregoriano)
← Hadrián IEstevo IV → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Pontificios Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico , escritor , bispo católico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa12 de xuño Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Di_Roma-50 Find a Grave: 8821754 Editar o valor em Wikidata

León III, nado en Roma e finado na mesma cidade o 12 de xuño de 816, foi Papa da Igrexa católica de 795 ao 816.

Traxectoria

Escolleito Papa o 26 de decembro do 795, cando era cardeal de Santa Susana e responsábel do tesouro pontificio, foi consagrado o día seguinte. Inmediatamente comunicou a súa elección a Carlomagno e mandoulle unha carta coas chaves da tumba de San Pedro e a bandeira de Roma, acción coa cal recoñecía ao rei dos francos como protector da Santa Se.

León pertencía a unha familia modesta e como novo papa non contou co apoio da nobreza romana; unha parte dos seus membros, emparentados co anterior pontífice, organizaron unha emboscada durante unha procesión celebrada o 25 de abril do 799 na cal León resultou ferido, foi formalmente deposto e enviado ao mosteiro de Santo Erasmo, de onde conseguiu escapar e reunirse con Carlomagno en Paderborn, onde lle solicitou axuda. O rei dos francos, logo de recibir unha embaixada romana que acusou a León de adulterio e de falso xuramento, prestou o seu apoio a León non recoñecendo a súa deposición e escoltándoo ata Roma.

O ano seguinte, o 24 de novembro do 800, Carlomagno entrou a Roma onde convocou e presidiu un sínodo para escoitar os argumentos do Papa deposto e dos seus opositores. Durante este sínodo, León, o 23 de decembro, prestou xuramento afirmando que era totalmente inocente dos cargos que se presentaran contra el. Dous días despois, o 25 de decembro do 800, o Papa coroou a Carlomagno como emperador na Basílica de San Pedro. Así, León III colocou a coroa sobre a cabeza do Emperador mentres o pobo o aclamaba coas seguintes palabras:

A Carlos Augusto, coroado por Deus, grande e pacífico emperador dos romanos, vida e vitoria!

Nun concilio celebrado en Aquisgrán o ano 809, prohibiu o uso da cláusula filioque e ordenou que o credo, sen esta cláusula, fose gravado sobre dúas mesas de prata e exposto na Basílica de San Pedro.

Con este acto, León III iniciou unha tradición que continuou ata o ano 1452 coa coroación de Federico III, de coexistencia dun emperador de Oriente e un emperador de Occidente, e supuxo para Roma unha afirmación da súa primacía, pero tamén un recoñecemento da existencia dun poder temporal, diferente do pontificio, que nas seguintes centurias provocou importantes conflitos cos emperadores xermánicos.

O papa León III foi importante para Galicia xa que unha vez descuberto o sepulcro do apóstolo Santiago, outorgou aprobación e veracidade ó achado mediante a epístola Noscat fraternitas vostra.

León III morreu o 12 de xuño do 816 e foi enterrado na Basílica de San Pedro. Foi canonizado polo papa Clemente X, quen no ano 1673, fixo que entrase no Martiroloxio Romano.

Notas

  1. Del Hoyo, Javier (1997). Anales del Imperio Carolingio. Clásicos Latinos Medievales 5. Ed. Akal. p. 63. ISBN 84-460-0450-X. 
  2. Udías Iglesias, Juan Carlos (2016). "EL CAMINO DE SANTIAGO POR TIERRAS DE CASTILLA Y CAMPOS: UNA VIA DE INTERCAMBIO EN LA ESPAÑA MEDIEVAL (SIGLOS X-XIV)". Facultad de Filosofía y Letras. Universidad de Cantabria: 18. 
  3. Baring-Gould, Sabine (1874), p. 156

Véxase tamén

Bibliografía


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.