Este artigo recolle as principais linguas humanas segundo o número de falantes nativos. Todas estas clasificacións deben terse en conta con precaución, xa que non é posible elaborar un conxunto coherente de criterios lingüísticos para distinguir as linguas nun continuo dialectal. Por exemplo, unha lingua a miúdo defínese como un conxunto de variedades mutuamente intelixibles, pero as linguas estándar nacionais independentes poden considerarse linguas separadas aínda que sexan en gran parte mutuamente intelixibles, como no caso do dinamarqués e o noruegués. Pola contra, moitas linguas comunmente aceptadas, incluíndo o alemán, o italiano e mesmo o inglés abranguen variedades que non son mutuamente intelixibles. Aínda que o Árabe se considera polo xeral como unha única lingua centrada no árabe estándar moderno, outros autores consideran que as súas variedades mutuamente inintelixibles son linguas separadas. De xeito semellante, o chinés ás veces é visto como unha única lingua debido a unha cultura compartida e unha lingua literaria común. Tamén é común describir varios grupos de dialectos chineses, como o mandarín, o wu e o yue como linguas separadas, aínda que cada un destes grupos contén moitas variedades mutuamente inintelixibles.
Tamén hai dificultades para obter recontos fiables de falantes, que varían ao longo do tempo debido ao cambio de poboación e á substitución lingüística. Nalgunhas áreas, non hai datos fiables do censo, os datos non son actuais ou o censo pode non rexistrar as linguas faladas ou rexistralas de forma ambigua. Ás veces, as poboacións de falantes son esaxeradas por razóns políticas, ou os falantes de linguas minoritarias poden estar subestimados en favor dunha lingua nacional.
Linguas máis faladas segundo poboación
Ethnologue (2023)
As seguintes linguas están listadas con cando menos 50 millóns de falantes como primeira lingua na edición número 26 de Ethnologue publicada en 2023. As entradas que Ethnologue identifica como macrolinguas (como o árabe, o punjabi occidental, o persa, o malaio, o paxto e o chinés, as cales abranguen todas as súas respectivas variedades) non se inclúen nesta sección.
Linguas con máis de 50 millóns de falantes como primeira lingua
↑Kaye, Alan S.; Rosenhouse, Judith (1997). "Arabic Dialects and Maltese". En Hetzron, Robert. The Semitic Languages. Routledge. pp. 263–311. ISBN978-0-415-05767-7.
↑ 8,08,1Statistics, in Eberhard, David M.; Simons, Gary F.; Fennig, Charles D., eds. (2023). Ethnologue: Languages of the World (26th ed.). Dallas, Texas: SIL International.
↑Mikael Parkvall, "Världens 100 största språk 2007" (The World's 100 Largest Languages in 2007), in Nationalencyklopedin. Asterisks mark the 2010 estimates for the top dozen languages.