Nado en Buenos Aires no ano 1910, fillo de Luis Seoane Brocos e María López Mosquera que casaran en Compostela o 18 de febreiro de 1909, e emigraran a América. En 1916, con seis anos de idade, veu a Galicia, instalándose na Coruña., onde estivo uns meses, dando aquí comezo os seus estudos primarios. Porén, a súa nai recibiu unha herdanza dunha leira na parroquia piñeira de Arca e decidiron construír aí unha casa, que aínda hoxe se conserva e onde pasou boa parte da súa xuventude. Comezou a ir ao Instituto de Santiago, polo que só vivía na casa de sábado a luns na mañá e nos meses de verán. Ademais, preto do cemiterio municipal, ao sur do lugar da Igrexa, estaba a chamada Casa de Brey, que era onde vivía a súa avoa e o resto da familia materna, que visitaba a miúdo. Ao dar comezo os seus estudos universitarios, a familia mudouse a Santiago, deixando así a casa de Arca.
Casou por poderes coa súa prima, a coruñesa María Elvira Fernández López (1912-2003), filla da súa tía Teresa López Mosquera e irmá de Manuel Fernández López, dende aquela máis coñecida como Maruxa Seoane. Casaron de novo, por exixencia das autoridades arxentinas, no Porto de Buenos Aires á chegada dela alí. Non tiveron descendencia.
En 1937 publicou o seu primeiro libro, Trece estampas de la traición.
Non deixou nunca de afrontar proxectos e participar activamente na recuperación da cultura galega.
Idas e vidas
Regresou a España en 1960. En 1968 fixo unha exposición retrospectiva na Art Gallery Internacional de Buenos Aires e o 22 de agosto dese mesmo ano foi designado Académico de Número da Academia Nacional de Bellas Artes da Arxentina. Nas últimas décadas da súa vida, alternou a residencia en América con viaxes a Galicia. Morreu na Coruña en abril de 1979.
Legado
En 1980 a súa viúva legou á Real Academia Galega 2.411 libros sobre arte e creación. A biblioteca é unha das mellores na súa especialidade, cun marcado carácter internacional e composta case integramente por primeiras edicións. 276 volumes do fondo están relacionados con Pablo Picasso e os libros dedicados a Paul Klee, Joan Miró, Henri Matisse ou George Grosz teñen tamén unha notable presenza nesta colección.
Obra plástica
A súa obra como artista gráfico foi moi importante: debuxante, gravador, deseñador de libros e de obxectos cerámicos, muralista, cartelista, pintor… Luís Seoane é un dos máis grandes plásticos galegos de tódolos tempos, e sen dúbida o máis completo e coñecido. A súa obra é tan extensa como o foron as súas inquedanzas artísticas e intelectuais. A súa obra pictórica reflicte ese amor a Galicia e a súa ansia por recuperar paisaxes, símbolos e personaxes galegos para facelos universais.
Av. Santa Fe 1660, Marcelo T. de Alvear 1645, Recoleta. Galería Santa Fe. Los músicos. Fresco, bóveda lateral. 1953-1954.
Montevideo 1920, Recoleta, edificio particular. Las Carretas. Mural combinando cerámica e resinas sintéticas. 1956.
Av. Corrientes 1530, San Nicolás. Teatro General San Martín. El nacimiento del Teatro Argentino. 35x11m. 1957.
Florida 971, San Martín 948, Retiro. Galería Larreta. Taracea de mármores sobre fondo de mármore travertino. 1958.
Marcelo T. de Alvear 1260, Libertad 948, Retiro. Galería Las Victorias. Mater Galeciae. 1958
Esmeralda 1075/77, Retiro. Edificio de vivendas e oficinas, Ing. Lázaro Goldstein. Las pescadoras e vidreira. 1959.
Esmeralda 561 - Tucumán 764, San Nicolás. Galería del Centro. Homenaje a Guamán Poma de Ayala. 10x6m. 1960.
Obra literaria
Publicou numerosos estudos e ensaios de arte, obras de teatro, crónicas radiofónicas etc.
Tamén se dedicou á poesía e no 1977Ediciós do Castro publicou a súa obra poética completa.
En 2023 Pablo García Martínez publicou Alguén virá... Romanticismo, memoria e revolución na literatura de Luís Seoane (2023). Santiago: Laiovento. 124 páxs. ISBN 978-84-8487-623-6.
En outubro de 2003 a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (RCM-FNMT) puxo en circulación un selo postal coa imaxe dun cadro de Seoane, El viejo y el pájaro, de 1950, cun valor facial de 1'85 €, do que se fixeron un millón de unidades.
O 27 de marzo de 2008 o Concello do Pino por unanimidade decidiu nomealo fillo predilecto, atendendo ao feito de que boa parte da súa xuventude viviu no Pedrouzo, na casa da familia que aínda hoxe se conserva, e a que na súa obra escrita e gráfica son recorrentes as referencias a esta terra, especialmente á parroquia de Arca. Ademais, a finais de maio do mesmo ano, rebautizouse a nova Casa de Cultura como Centro Sociocultural Luís Seoane.
Dous centros de ensino públicos de Galicia levan o seu nome, o colexio de educación infantil e primaria Luís Seoane de Oleiros e o instituto de ensino secundario Luís Seoane de Monte Porreiro, Pontevedra
No ano 2010 o Consello da Cultura Galega e a Fundación Luis Seoane organizaron o "Ano Seoane", de conmemoración do centenario do nacemento do intelectual galego, que incluíu o congreso internacional Luís Seoane: Galicia-Arxentina, unha dobre cidadanía e unha exposición.
A mediados dos anos noventa, a partir dos fondos conservados pola viúva de Seoane, Maruxa, creouse a Fundación Luis Seoane na Coruña, que desde entón realiza e promove mostras sobre a súa obra e a súa época. Así, en 2003 realizouse unha gran retrospectiva no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de Compostela, que logo se levou ao Museo de Arte Moderna de Buenos Aires. Realizáronse outras sobre a súa pintura, obra gráfica, carteis e libros ilustrados. Entre as máis relevantes sobresae a titulada Buenos Aires. Escenarios de Luís Seoane (do 4 de outubro ao 9 de decembro de 2007), na propia Fundación Luis Seoane, que recreou a cidade e a contorna de Seoane na capital arxentina, publicándose á vez un libro-catálogo co inventario máis completo existente sobre os murais do artista en Buenos Aires (máis de 50), a máis extensa cronoloxía feita ata a data, varios textos de autores arxentinos e galegos, e todas as obras que integraron a mostra.
Amais da exposición permanente, a Fundación fixo outras exposicións, temporais, relativas a Luís Seoane, entre elas as seguintes:
Seoane e a vangarda. Os seus mestres, os seus amigos, do 9/5/2003 ao 9/7/2003, comisariada por M.ª Luisa Sobrino.
Luis Seoane. Homenaje a la Torre de Hércules. 60 anos da súa publicación, do 21/12/2004 ao 25/12/2005.
Lorenzo Varela-Luis Seoane. Galeguidade universal, do 1/6/2005 ao 15/1/2006.
Modelos de intención. Bodegóns e paisaxes de Luis Seoane, do 28/3/2006 ao 18/6/2006.
Mirarte. Luis Seoane, do 11/1/2007 ao 11/1/2008.
Itinerario do trazo. Debuxo e ilustración de Luis Seoane, do 23/3/2007 ao 15/6/2007.
Como se imprime un libro. Grafistas e impresores en Bos Aires 1936-1950, do 17/11/2017 ao 15/4/2018.
Galería de imaxes
Luís, de neno, coa súa familia, en Buenos Aires en 1916.
Luís Seoane retratado na revista Vida Gallega o 20/8/1929.
Rafael Dieste con Luís Seoane en Buenos Aires en 1946.
Squirru, Rafael (1976). Seoane (estudio crítico-biográfico). La Barca Gráfica (en castelán e inglés). Buenos Aires: Dead Weight.
Sucarrat, Francine (1977). Luis Seoane. Su obra poética y su importancia en la literatura gallega actual(en castelán). Ediciós do Castro. ISBN84-85134-35-4.
Tilve, M. (2007). El despertar de la conciencia gallega en Buenos Aires: Luis Seoane y Galicia emigrante(en castelán). Xeito Novo. ISBN978-987-24098-0-7.