Macaco xaponés | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macaco na prefectura de Osaca. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Macaca fuscata (Blyth, 1875) | |||||||||||||||
Área de distribución do macaco xaponés.
| |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
O macaco xaponés (Macaca fuscata) é unha especie da familia dos cercopitécidos nativa do Xapón. Trátase do primate non humano que vive máis ao norte do mundo. De feito é o único adaptado a un clima frío, xa que os macacos xaponeses adoitan vivir en zonas onde a neve cobre a paisaxe durante varios meses cada ano. Posúen unha pelaxe entre marrón e gris, a face vermella e colas curtas.
No Xapón é coñecido polo nome de Nihonzaru (Nihon 日本 "Xapón" + saru 猿 "mono") para diferencialo doutros primates, mais o macaco xaponés é tan familiar no país que cando os xaponeses din simplemente saru adoitan referirse ao macaco xaponés.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Macaco xaponés |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Macaco xaponés |
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |