Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2019.) |
المملكة المغربية (ar) المغرب (ar) Kingdom of Morocco (en) Morocco (en) Kerajaan Maghribi (ms) Maghribi (ms) | |||||
Himno | Hymne Chérifien (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «الله، الوطن، الملك» | ||||
Nomeado en referencia a | Marrakech, oeste e Mauri (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Rabat | ||||
Contén a división administrativa | Béni Mellal-Khénifra Casablanca-Settat (pt) Dakhla-Oued Ed Dahab (pt) Drá-Tafilete (pt) El Aiune-Saguia el Hamra (pt) Fez-Meknès (pt) Guelmim-Oued Noun (pt) Marraquexe-Safim (pt) Oriental Rabat-Salé-Kénitra (pt) Suz-Massa (pt) Tánxer-Tétouan-Al Hoceïma | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 37.076.584 (2021) (83,03 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | árabe Amazigh estándar marroquí | ||||
Relixión | Islam | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 446.550 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo, Océano Atlántico e Estreito de Xibraltar | ||||
Punto máis alto | Jebel Toubkal (4.167 m) | ||||
Punto máis baixo | Sebkha Tah (en) (−55 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 789 | ||||
Día festivo | Aninovo (1 de xaneiro) Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Islamic New Year (en) (1 Muharram (en) ) Mawlid (pt) (12 Rabi' al-awwal (en) ) Eid al-Fitr (2 Shawwal (pt) ) Eid al-Adha (10 Dhu al-Hijjah (pt) ) Throne Day (en) (30 de xullo) Revolution of the King and the People (en) (20 de agosto) Proclamation of Independence of Morocco (en) Aninovo (1 de xaneiro) Proclamation of Independence of Morocco (en) (11 de xaneiro) Youth Day (en) (21 de agosto) Marcha Verde (6 de novembro) Yennayer (en) (14 de xaneiro) 14 de agosto (14 de agosto) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional | ||||
• King of Morocco (en) | Mohamed VI de Marrocos (1999–) | ||||
Órgano executivo | Cabinet of Morocco (en) | ||||
• Primeiro ministro | Aziz Akhannouch (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of Morocco (en) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of Morocco (en) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 142.866.583.125 $ (2021) | ||||
Moeda | Dirham | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ma | ||||
Prefixo telefónico | +212 | ||||
Teléfono de emerxencia | 15 (en) , 19, 112 e 177 | ||||
Código de país | MA | ||||
Páxina web | maroc.ma… | ||||
Marrocos (en árabe: المغرب; Al-Magrib, en bérber: ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ; lmeɣrib), oficialmente Reino de Marrocos (en árabe: المملكة المغربية; Al-mamlaka al-maḡribiyya, en amazigh: ⵜⴰⴳⵍⴷⵉⵜ ⵏ ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ; Tageldit n lmeɣrib) é un país do noroeste de África. A súa longa costa atlántica chega desde o Sáhara Occidental ata o estreito de Xibraltar para dar ao mar Mediterráneo (ao norte), e continúa cara ao leste ata chegar a Alxeria, coa que limita ao leste e sueste.
Marrocos anexionouse de feito parte do Sáhara Occidental en 1976, tras acordar España a súa independencia, pero a resolución final sobre o status do territorio queda en suspenso en espera dun referendo organizado pola ONU, que se viu aprazado varias veces a causa dun desacordo de Marrocos sobre o censo do corpo electoral elaborado pola ONU.
Marrocos é unha monarquía parlamentaria.
Os países limítrofes son Sáhara Occidental ao sur e Alxeria ao leste e ao sueste. A certa distancia da costa atlántica atópanse as Illas Canarias, Madeira e as Salvaxes. Ao norte do estreito de Xibraltar atópase a Península Ibérica.
Hai tamén catro enclaves españois situado ao longo da costa mediterránea: Ceuta e Melilla no mesmo continente e Peñón de Vélez de la Gomera e Peñón de Alhucemas como illotes próximos; así como varios illotes Perexil e Chafarinas. A existencia destes territorios é unha fonte de tensión entre os dous estados.
A capital é Rabat. Entre as vilas salientables atópanse Casablanca, Agadir, Fez, Marrakech, Mequinez, Tánxer ou Tetuán.
O idioma oficial de Marrocos é o árabe clásico; é a lingua da lexislación, aínda que as leis tamén se traducen ao francés e ás veces ao español.
A lingua maioritaria falada pola poboación é o árabe marroquí, cada día máis influído pola chamada lingua culta. De feito, existe unha diglosia e, incluso unha triglosia. O rei marroquí cando quere que un discurso chegue a todo o mundo vese obrigado a utilizar o árabe dialectal.
As zonas rurais berberófonas, nos seus tres dialectos das linguas bérberes (tarifit, tamazight e tachelhit) empregan a súa lingua diariamente.
A lingua francesa é a lingua do comercio; e a ensinanza superior impártese en francés.
Nas cidades de Tetuán e Nador o coñecemento e uso do español é elevado; tamén na poboación saharauí do antigo Sáhara Español; na maior parte da poboación de Larache, Tánxer, Al-Hoceima e Ifni é usual. Existen grupos de hispanofalantes en cidades como Rabat, Agadir, Kenitra, Casablanca, Taza, Fez, Marrakech, Mequinez e Uxda. Actualmente, existen seis centros do Instituto Cervantes, sendo unha das maiores concentracións nun só país desta institución encargada da difusión da lingua española no mundo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marrocos |