Márta Mészáros, nada en Budapest o 19 de setembro de 1931 é unha guionista e directora de cinema húngara. Filla do escultor László Mészáros, comezou a súa carreira nos documentais, dirixindo vinte e cinco curtametraxes deste xénero durante dez anos. O seu debut na longametraxe, Eltavozott nap (1968), foi o primeiro filme húngaro dirixido por unha muller, e gañou o premio especial do xurado do Festival Internacional de Cinema de Valladolid.
Nada en Budapest, Mészáros pasou os primeiros dous anos da súa vida na Unión Soviética, onde emigraran os seus pais como artistas comunistas en 1936. Mentres estaban aló, o seu pai, László Mészáros, foi arrestado e asasinado en 1938 baixo o réxime stalinista e a súa nai morreu dando a luz. Orfa, Mészáros foi criada pola súa nai adoptiva na Unión Soviética, onde acudiu á escola. Tras volver a Hungría en 1946, Mészáros volveu a Moscova para estudar no VGIK, volvendo de novo a Hungría trala súa graduación en 1956.
Mészáros comezou a traballar no Budapest Newsreel Studio en 1954 onde realizou catro curtametraxes, e logo para o estudio de documentais de Alexandru Sahia en Bucarest entre 1957 e 1959. Volveu entón a Budapest en 1958 para dirixir curtametraxes para popularizar a ciencia e curtametraxes documentais ata 1968. Nese momento, Mészáros foi a primeira muller directora de Hungría que realizou unha longametraxe. Na década de 1980, dirixiu a súa serie filmes semiautobiográficos "Diario", que tivo un grande impacto no cinema de Hungría a causa do seu retrato do goberno e das súas experiencias individuais pasadas. Tivo conflitos coa censura húnara e estableceuse como unha voz íntegra do cinema do seu país. Dende o seu debut en 1968, dirixiu máis de cincuenta filmes, gañou numerosos premios e foi membro de varios xurados cinematográficos.
Os filmes de Mészáros son relexos de moitas maneiros das súas experiencias de crecemento e a súa loita con asuntos relevantes na súa vida. Tras perder os seus pais moi nova e pasar gran parte da súa mocidade vivindo na Hungría post-stalinista, a vida de Mészáros estivo chea de traxedia e opresión, e os seus filmes reflicten ese feito. Ademais, como pasou os primeiros filmes como cineasta traballando en documentais, moitos das súas longametraxes conteñen escenais documentais. A maioría dos seus filmes teñen un final aberto, carecen de argumento convencional e os diálogos son escasos.
No aspecto do contido, os seus filmes exploran os amplos e moitas veces tráxicos saltos entre os ideais e a realidade, e entre os pais e os seus fillos. Nos filmes de Mészáros aparecen realidades habitualmente ignoradas no cinema de Europa oriental: a subordinación das mulleres, os conflitos das culturas urbanas e rurais, o antagonismo entre a burocracia e os seus empregados, o alcoholismo, o salto xeracional, a disolución das estruturas familiares tradicionais e os apuros dos nenos criados polo estado.
Mészáros é unha muller cineasta que consistentemente realiza filmes con éxito tanto crítico como comercial para un público internacional. Os oito filmes que dirixiu entre 1968 e 1979 teñen que ver coa opresión social, as limitacións económicas e os desafíos emocionais vistos polas mulleres húngaras. Nas súas propias palabras, "eu conto historias banais e comúns, e entón nelas as protagonistas son mulleres... eu retrato as cousas dende un ángulo feminino".
Mészáros casou co cineasta László Karda en 1957, mais divorciáronse en 1959 e en 1960 casou co guionista e director de cinema húngaro Miklós Jancsó, a quen coñeceu durante a súa etapa con Mafilm Group 4. Aínda que se divorciaron en 1973, os seus dous fillos, Nyika Jancsó e Miklós Jancsó Jr., traballaron de forma diferente como directores de fotografía de moitos dos seus filmes. Posteriormente, casou co actor polaco Jan Nowicki, do que se divorciou en 2008. Nowicki protagonizou moitos dos seus filmes, incluído The Unburied Dead. O fillo que este tivo nunha relación anterior, Łukasz Nowicki, protagonizou o filme Kisvilma. Mészáros tamén ten unha filla, Kasia Jancsó, do seu segundo matrimonio.
Ano | Título | Directora | Guionista |
---|---|---|---|
1968 | Eltavozott nap | Si | Si |
1969 | Holdudvar | Si | Si |
1970 | Szép lányok, ne sírjatok! | Si | Non |
1973 | Szabad lélegzet | Si | Si |
1973 | Szeptember végén (telefilme) | Si | Non |
1975 | Örökbefogadás | Si | Si |
1976 | Kilenc hónap | Si | Si |
1977 | Ők ketten | Si | Si |
1978 | Olyan mint otthon | Si | Si |
1979 | Útközben | Si | Si |
1980 | Örökség | Si | Si |
1981 | Anna | Si | Si |
1983 | Délibábok országa | Si | Non |
1984 | Napló gyermekeimnek | Si | Si |
1987 | Napló szerelmeimnek | Si | Si |
1989 | Bye bye chaperon rouge | Si | Si |
1990 | Napló apámnak, anyámnak | Si | Si |
1992 | Edith és Marlene (telefilme) | Si | Non |
1994 | A magzat | Si | Si |
1996 | A hetedik szoba | Si | Si |
1998 | Három dátum | Si | |
1999 | A Szerencse lányai | Si | Si |
2000 | Kisvilma - Az utolsó napló | Si | Si |
2004 | A temetetlen halott | Si | Si |
2009 | Utolsó jelentés Annáról | Si | Si |
2011 | Ármány és szerelem Anno 1951 (telefilme) | Si | Si |
2017 | Aurora Borealis | Si | Si |