A nanoquímica é unha rama da nanociencia relacionada coa produción e reaccións de nanopartículas e os seus compostos.
Está relacionada coas propiedades e características asociadas con ensamblaxes de átomos ou moléculas sobre unha escala que varía de tamaño dos bloques individuais até as do material aglomerado.
O profesor Geoffrey Ozin, da Universidade de Toronto, está considerado como o pai da nanoquímica. O seu visionario artigo "Nanochemistry - Synthesis in Diminishing Dimensions". estimulou a todo un novo campo: propoñía que os principios da química poderían aplicarse á síntese de materiais de "abaixo cara a arriba" "sobre calquera escala de lonxitude" mediante os "principios de construción de bloques xerárquicos", isto é, utilizando bloques de construción de escala nano/molecular "programados" con información química que os autoensamblaría espontaneamente, dunha maneira controlada, en estruturas que abarcan un amplo intervalo de escalas de lonxitude.
A nanoquímica é unha das tantas aproximacións que a nanociencia ten cara ao deseño, caracterización e racionalización das propiedades e estrutura dun material nanoestruturado.
Esta ciencia emprega metodoloxías da síntese química e a química de materiais para obter nanomateriais con tamaños, formas, propiedades superficiais, defectos e propiedades autoensamblantes específicos, deseñados para cumprir con usos e funcións específicas.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|