Un organismo internacional ou organización intergobernamental (OIG) é aquel que ten como membros Estados soberanos ou outras organizacións intergobernamentais. Tamén se pode empregar o termo organización internacional, con todo, este termo pode aludir xenericamente a calquera organización (incluídas aquelas privadas) con membros, obxectivos ou presenza internacional, mentres que o que se designa como organismo internacional sempre é de natureza pública. Para evitar posibles confusións, algunhas veces empréganse os termos organismo internacional gobernamental ou organismo internacional público.
Unha organización intergobernamental está suxeita ao dereito público internacional, con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, formada por acordo de distintos estados para trataren aspectos que lles son comúns.
Dentro do seu seo e a través de procedementos de complexidade variable, procura elaborar unha vontade xurídica distinta á dos seus estados membros, destinada a realizar as competencias que lles foron atribuídas. Esta vontade pódese manifestar a través de actos unilaterais ou por medio da concertación de tratados con outros suxeitos de dereito internacional.
Falando naturalmente, unha organización internacional débese establecer mediante un tratado que provén dela con recoñecemento legal. As organizacións internacionais así establecidas están suxeitas ao dereito internacional e son capaces de entraren en acordos entre si mesmas ou cos estados. Así as organizacións internacionais nun sentido legal son distinguidas dos simples agrupamentos de estados, tales como o G-8 e o G-77, porque ningún dos dous casos anteriores foron fundados por un tratado, aínda que tamén en contextos non legais ás veces se alude a eles como organizacións internacionais. As organizacións internacionais deben tamén ser distinguidas como tratados; mentres que todas as organizacións internacionais son fundadas por un tratado (por exemplo 'O Libre Tratado de Comercio' "TLCAN" de Norteamérica (Canadá, Estados Unidos e México).
Os organismos internacionais poden ser de moi diversos tipos. Unha clasificación sobre os mesmos establece as diferenzas:
África
América
Asia
Europa: