Organización territorial de España

Mapa de España: comunidades e cidades autónomas.

A organización territorial de España nun Estado unitario rexional ou, como se coñece polas súas particularidades, nun Estado autonómico, está baseada no que indica o artigo 2 da Constitución de 1978, que declara «a indisoluble unidade española» e «garantiza o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas». Este artigo está desenvolvido polo Título VIII sobre a organización territorial do Estado, cuxo artigo 137 establece:

O Estado organízase territorialmente en municipios, en provincias e nas Comunidades Autónomas que se constitúan. Todas estas entidades gozan de autonomía para a xestión dos seus respectivos intereses.
Artigo 137 da Constitución española de 1978.

Tralos pactos autonómicos de 1981 e 1992, España vertébrase en 17 comunidades autónomas (unha delas comunidade foral) e dúas cidades autónomas.

Comunidades autónomas:

 Andalucía
 Aragón
 Asturias (Principado de)
 Canarias
 Cantabria
 Castela-A Mancha
 Castela e León
 Cataluña (Catalunya)
 Comunidade Valenciana (Comunitat Valenciana)
 Estremadura
 Galicia
 Illas Baleares (Illes Balears)
 A Rioxa
 Comunidade de Madrid
 Murcia
 País Vasco (Euskadi)
 Navarra (Comunidade Foral de)

Cidades autónomas de:

 Ceuta
 Melilla

Así coma uns territorios situados no norte de África coñecidos como prazas menores de soberanía (Illas Chafarinas, Illas Alhucemas e o Peñón de Vélez da Gomera), administrados directamente polo goberno español. Existe unha illa no río Bidasoa, na fronteira franco-hispana, que cada seis meses está baixo a soberanía de cada un deses países, é a Illa dos Faisáns, é o condominio mais pequeno do mundo.

Cada comunidade autónoma está formada por unha ou varias provincias, ata un total de 50 en todo o territorio nacional. Á súa vez, cada provincia está dividida nun número variable de municipios, que en toda España suman un total de 8131. Os municipios son as entidades territoriais básicas na organización territorial de España. Existen outras entidades territoriais con personalidade xurídica que consisten en agrupacións de municipios (comarca / mancomunidade de municipios) ou en entidades de rango inferior ao municipio, coñecidas como entidades locais menores.

Así pois, España divídese xudicialmente en municipios, partidos xudiciais, provincias e comunidades autónomas. Un partido xudicial pode estar composto por varios municipios. Esta distribución establécese na Lei 38/1988, de 28 de decembro, de demarcación e planta xudicial.

Principios da administración territorial

  • Principio de autonomía: a Constitución dota de autonomía a estes entes, pero o Estado é o único soberano. As Comunidades autónomas teñen potestades lexislativas e autonomía política dentro das súas competencias e territorio. A administración local ten facultade para a xestión dos seus intereses, pero non ten capacidade lexislativa.
  • Principio de participación democrática: as institucións elíxense a través de eleccións democráticas por sufraxio universal, libre, secreto e directo.
  • Principio de autonomía financeira: os entes territoriais disporán dos medios suficientes para o desempeño das funcións que a lei lles atribue nútrense de tributos propios e da súa participación en tributos do Estado e das comunidades autónomas.
  • Principio de solidariedade: o Estado debe garantir a realización principio de solidariedade, establecendo un equilibrio económico adecuado. Para iso créase o Fondo de Compensación Interterritorial, dotado nos Presupostos Xerais do Estado e que se vincula a proxectos que promovan o crecemento da renda.

Comunidades autónomas

Comunidades autónomas de España.

O territorio español está dividido en dezasete comunidades autónomas. Cada comunidade autónoma conta cun Goberno autonómico, unha Asemblea autonómica lexislativa e un Estatuto de autonomía que establece a denominación, o territorio, o modelo organizativo e as competencias que a comunidade asume.

A Constitución española de 1978 non determinou cales debían ser as comunidades autónomas, senón que estableceu unha serie de procedementos para a formación das mesmas a partir das provincias españolas. Entre 1979 e 1983 constituíronse as dezasete comunidades autónomas. En orden de accesión á autonomía, as comunidades autónomas son: País Vasco, Cataluña, Galicia, Andalucía, Asturias, Cantabria, A Rioxa, Murcia, Comunidade Valenciana, Aragón, Castela-A Mancha, Canarias, Navarra, Estremadura, Baleares, Comunidade de Madrid e Castela e León. Ceuta e Melilla quedaron configuradas coma cidades autónomas (en resumo; poseen competencias superiores ás dun municipio español xa que poden decretar regulacións executivas, pero inferiores ás dunha comunidade autónoma posto que non teñen cámaras lexislativas propiamente ditas).

Provincias

Mapa das provincias de España.

O ordenamento constitucional configura a Provincia como unha figura determinada pola agrupación de municipios dentro duns límites territoriais, cuxa modificación esixe Lei Orgánica. A Constitución plantexa un papel múltiple para a Provincia. Desta maneira, non só é un ente local, con personalidade xurídica propia e autonomía na xestión dos seus intereses, senón que tamén cumpre a función de división territorial para o cumprimento das actividades do Estado, así como a tarefa de servir como circunscrición electoral.

Como ente autónomo, o seu goberno e administración é atribuído pola Constitución a unha Corporación de carácter representativo, normalmente unha Deputación Provincial. A Lei de Bases de Réxime Local desenvolve tales previsións, sinalando que a Deputación constará de Pleno, Xunta de Goberno, Presidente e Vicepresidente.

Municipios

Municipios.

O Municipio é unha Administración Pública que se asenta sobre el territorio do termo municipal, gozando de personalidade xurídica propia e autonomía para a xestión dos seus respectivos intereses.

A autonomía local deu obxecto de numerosa xurisprudencia por parte do Tribunal Constitucional, que tratou de perfilar un ámbito competencial propio e compatible co poder do Estado Xeral e a comunidade autónoma na que se sitúa.

Notas

  1. "A Constitución Española de 1978". Noticias Jurídicas. Consultado o 12 de febreiro de 2011. Artículo 2 
  2. "A Constitución Española de 1978". Noticias Jurídicas. Consultado o 12 de febreiro de 2011. Artículo 137 
  3. Datos del registro de Entidades Locales Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas
  4. "Ley 38/1988, de 28 de diciembre, de demarcación y planta judicial". poderjudicial.es (en castelán). 28 de decembro de 1988. Consultado o 8 de marzo de 2023. 
  5. Art. 147.2 CE
  6. Art. 141.1 CE
  7. Art. 68.3 CE
  8. Art.141.2 CE
  9. Art. 140 CE