Pobo manchú | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: Total: 10 430 000 (2010) | |
Rexións principais: | |
China | 10 410 585 |
Taiwán | 12 000 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Maioritariamente mandarín. Só 10 persoas falan lingua manchú |
Relixión | Maioritariamente non relixiosos. Xamanismo, budismo, relixión tradicional chinesa e cristianismo. |
Grupos relacionados | Evenkis, nanai, oroqen, udege, xibe e outros pobos tungús |
Os manchús ou manchurianos (manchú:ᠮᠠᠨᠵᡠ manju; chinés tradicional e simplificado: 滿族; pinyin: Mǎnzú; Wade-Giles: Man3-tsu2) son unha minoría étnica da China e o pobo do cal deriva o nome de Manchuria. Tamén son chamados "manchús de borla vermella", en referencia á decoración dos sombreiros tradicionais manchús. A dinastía Jin (1616-1636) e a dinastía Qing (1636–1912) foron estabelecidas polos manchús, que son descendentes do pobo jurchen que anteriormente estabelecera a dinastía Jin (1115–1234) na China.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo manchú |