Coordenadas: 50°04′59″N 14°26′09″L / 50.083055555556, 14.435833333333
Praha hlavní nádraží | |
---|---|
Praha hlavní nádraží dende o parque |
A Praha hlavní nádraží (en galego Estación Principal de Praga, abreviada como Praha hl.n) é a estación máis grande e importante de Praga (República Checa).
A estación foi aberta en 1871 baixo o nome Franz Josef Station en homenaxe ao Arquiduque Francisco Xosé. Durante a Primeira República e entre 1945 e 1953 a estación foi chamada Wilsonovo nádraží (en galego Estación Wilson) en honor ao Presidentes dos Estados Unidos de América Woodrow Wilson. A súa estatua permaneceu no parque en fronte da estación ata a súa destrución polas autoridades alemás cando os Estados Unidos tomaron parte na Guerra en 1941. A nova estatua de Woodrow Wilson atópase agora no lugar (2012). No 2010, na estación operaron 132.560 trens e por ela pasaron 22 millóns de pasaxeiros.
O edificio Art Nouveau da estación e o vestíbulo da estación foron construídos entre 1901 e 1909, sendo deseñados polo arquitecto checo Josef Fanta, no lugar da antiga estación neorrenacentista. A estación foi ampliada cunha nova terminal construída entre 1972 e 1979, incluíndo a estación de metro e unha rúa principal no teito da terminal. A construción da nova terminal requiriu da utilización de boa parte do parque, e a construción da rúa cortou o vestíbulo neorrenacentista da estación á cidade. No 2011 rematou unha nova remodelación da estación por parte da empresa italiana Grandi Stazioni, que a alugou por espazo de 30 anos dende 2002.
A estación é un importante centro de transportes internacional, contando con servizos a Alemaña (Munich/Nuremberg, Bavaria-Bohemia RE (Regio-Express) e servizos de EuroCity/EuroNight a Berlín, Dresden e Hamburg); Polonia, Eslovaquia, Austria, Hungría, Suíza, Países Baixos, Serbia, e Croatia no verán. As liñas son operadas por trens express, así como por trens Pendolino ČD Class 680.
Ademais das liñas internacionais, da Estación Principal de Praga saen trens cara ás principais cidades checas como Brno, Plzeň, České Budějovice e Olomouc.
Á Estación Principal chegan a meirande parte das liñas de Esko Prague que non son operados na próxima Praha Masarykovo nádraží.
A estación conta cunha estación da Liña C Metro de Praga, así como numerosas liñas de tranvía fora da estación.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praha hlavní nádraží |