Alfombra vermella en Hollywood and Highland , en febreiro de 2009 (81ª cerimonia).
Os Premios da Academia , informalmente coñecidos como Premios Óscar , son os galardóns anuais á excelencia das producións cinematográficas. Organizado e supervisado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. O AMPAS foi orixinalmente concibido pola Metro-Goldwyn-Mayer como unha organización profesional honorífica para axudar a mellorar a imaxe da industria cinematográfica e mediar nas disputas laborais. Os premios propiamente ditos foron iniciados despois pola Academia como un "premio de mérito para a realización" na industria.
Os primeiros Premios da Academia celebráronse en 1929 nunha cerimonia no Hotel Roosevelt en Hollywood . Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Óscars contan con máis dunha ducia de categorías. Como unha das cerimonias de premios máis importantes do mundo, a cerimonia dos Óscars é transmitida en directo en máis de 100 países anualmente. Así mesmo, é a máis antiga cerimonia de premios nos medios de comunicación; os seus equivalentes, os Premios Grammy (para música), os Premios Emmy (para televisión) e os Premios Tony (para teatro), foron adaptados tralos Premios da Academia.
Cerimonia
Primeira cerimonia
Primeira cerimonia dos oscars en 1929
Os premios foron unha iniciativa da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas . Esta fora fundada dous anos antes por profesionais preocupados por mellorar a situación da profesión. Unha das súas primeiras iniciativas foi crear un comité de premios ao mérito composto por sete membros, que tras deliberar propuxo á institución a creación duns galardóns anuais en 12 categorías.
A primeira cerimonia celebrouse o 16 de maio de 1929 no Hotel Hollywood Roosevelt dos Anxos e entregáronse quince estatuíllas, cuxos gañadores xa se anunciaron con tres meses de anterioridade. Asistiron 270 convidados, os que tiveron que pagar cinco dólares por gozar da entrega dos premios que recoñecían o mellor de 1927 e 1928 na industria cinematográfica , así como dun gran banquete.
Foi un banquete extenso e cheo de discursos, pero a entrega das figuras foi levada a cabo rapidamente polo Presidente da Academia, Douglas Fairbanks.
Cerimonias
A continuación, unha lista de tódalas cerimonias dos Óscar.
Cerimonia
Data
Mellor filme
Duración
Presentador(es)
Lugar
1ª edición dos Óscar
16 de maio de 1929
Wings
2 horas, 19 minutos
Douglas Fairbanks , William C. deMille
Hollywood Roosevelt Hotel
2ª edición dos Óscar
3 de abril de 1930
The Broadway Melody
1 hora, 50 minutos
William C. deMille
Ambassador Hotel
3ª edición dos Óscar
5 de novembro de 1930
All Quiet on the Western Front
2 horas, 13 minutos
Conrad Nagel
4ª edición dos Óscar
10 de novembro de 1931
Cimarron
2 horas, 3 minutos
Lawrence Grant
Biltmore Hotel
5ª edición dos Óscar
18 de novembro de 1932
Grand Hotel
1 hora, 52 minutos
Lionel Barrymore , Conrad Nagel
Ambassador Hotel
6ª edición dos Óscar
16 de marzo de 1934
Cavalcade
1 hora, 50 minutos
Will Rogers
7ª edición dos Óscar
27 de febreiro de 1935
It Happened One Night
1 hora, 45 minutos
Irvin S. Cobb
Biltmore Hotel
8ª edición dos Óscar
5 de marzo de 1936
Mutiny on the Bounty
2 horas, 12 minutos
Frank Capra
9ª edición dos Óscar
4 de marzo de 1937
The Great Ziegfeld
2 horas, 56 minutos
George Jessel
10ª edición dos Óscar
10 de marzo de 1938
The Life of Emile Zola
1 hora, 56 minutos
Bob Burns
11ª edición dos Óscar
23 de febreiro de 1939
You Can't Take It with You
2 horas, 6 minutos
Ninguén
12ª edición dos Óscar
19 de febreiro de 1940
Foise co vento
3 horas, 52 minutos
Bob Hope
Ambassador Hotel (Cocoanut Grove)
13ª edición dos Óscar
27 de febreiro de 1941
Rebecca
2 horas, 10 minutos
Bob Hope
Biltmore Hotel (Biltmore Bowl)
14ª edición dos Óscar
26 de febreiro de 1942
Que verde era o meu val
1 hora, 48 minutos
Ninguén
15ª edición dos Óscar
4 de marzo de 1943
Mrs. Miniver
2 horas, 14 minutos
Bob Hope
Ambassador Hotel (Cocoanut Grove)
16ª edición dos Óscar
2 de marzo de 1944
Casablanca
1 hora, 42 minutos
Jack Benny
Grauman's Chinese Theater
17ª edición dos Óscar
15 de marzo de 1945
Going My Way
2 horas, 10 minutos
Bob Hope , John Cromwell
18ª edición dos Óscar
7 de marzo de 1946
A fin de semana perdida
1 hora, 41 minutos
Bob Hope , James Stewart
19ª edición dos Óscar
13 de marzo de 1947
Os mellores anos da nosa vida
2 horas, 52 minutos
Jack Benny
Shrine Auditorium
20ª edición dos Óscar
20 de marzo de 1948
Gentleman's Agreement
1 hora, 58 minutos
Agnes Moorehead , Dick Powell
21ª edición dos Óscar
24 de marzo de 1949
Hamlet
1 hora, 35 minutos
Robert Montgomery
The Academy Theater
22ª edición dos Óscar
23 de marzo de 1950
All the King's Men
1 hora, 50 minutos
Paul Douglas
Pantages Theatre
23ª edición dos Óscar
29 de marzo de 1951
Todo sobre Eva
2 horas, 18 minutos
Fred Astaire
24ª edición dos Óscar
20 de marzo de 1952
Un americano en París
1 hora, 53 minutos
Danny Kaye
25ª edición dos Óscar
19 de marzo de 1953
O maior espectáculo do mundo
1 hora, 32 minutos
Bob Hope , Conrad Nagel
Pantages Theatre / NBC International Theatre
26ª edición dos Óscar
25 de marzo de 1954
De aquí á eternidade
1 hora, 58 minutos
Donald O'Connor , Fredric March
Pantages Theatre / NBC Century Theatre
27ª edición dos Óscar
30 de marzo de 1955
A lei do silencio
1 hora, 48 minutos
Bob Hope , Thelma Ritter
28ª edición dos Óscar
21 de marzo de 1956
Marty
1 hora, 30 minutos
Jerry Lewis , Claudette Colbert , Joseph L. Mankiewicz
29ª edición dos Óscar
27 de marzo de 1957
A volta ao mundo en oitenta días
3 horas, 8 minutos
Jerry Lewis , Celeste Holm
30ª edición dos Óscar
26 de marzo de 1958
A ponte sobre o río Kwai
2 horas, 41 minutos
Bob Hope , David Niven , James Stewart , Jack Lemmon , Rosalind Russell
Pantages Theatre
31ª edición dos Óscar
6 de abril de 1959
Gigi
1 hora, 55 minutos
Bob Hope , David Niven , Tony Randall , Mort Sahl , Sir Laurence Olivier , Jerry Lewis
32ª edición dos Óscar
4 de abril de 1960
Ben-Hur
1 hora, 40 minutos
Bob Hope
33ª edición dos Óscar
17 de abril de 1961
O apartamento
2 horas, 5 minutos
Bob Hope
Santa Monica Civic Auditorium
34ª edición dos Óscar
9 de abril de 1962
West Side Story
2 horas, 10 minutos
Bob Hope
35ª edición dos Óscar
8 de abril de 1963
Lawrence de Arabia
2 horas, 30 minutos
Frank Sinatra
36ª edición dos Óscar
13 de abril de 1964
Tom Jones
2 horas, 8 minutos
Jack Lemmon
37ª edición dos Óscar
5 de abril de 1965
My Fair Lady
2 horas, 50 minutos
Bob Hope
38ª edición dos Óscar
18 de abril de 1966
Sorrisos e lágrimas
2 horas, 54 minutos
Bob Hope
39ª edición dos Óscar
10 de abril de 1967
Un home para a eternidade
2 horas, 31 minutos
Bob Hope
40ª edición dos Óscar
10 de abril de 1968
Na calor da noite
1 hora, 50 minutos
Bob Hope
41ª edición dos Óscar
14 de abril de 1969
Oliver!
2 horas, 33 minutos
Ninguén
Dorothy Chandler Pavilion
42ª edición dos Óscar
7 de abril de 1970
Cowboy de medianoite
2 horas, 25 minutos
Ninguén
43ª edición dos Óscar
15 de abril de 1971
Patton
2 horas, 52 minutos
Ninguén
44ª edición dos Óscar
10 de abril de 1972
The French Connection
1 hora, 44 minutos
Helen Hayes , Alan King , Sammy Davis, Jr. , Jack Lemmon
45ª edición dos Óscar
17 de marzo de 1973
O padriño
2 horas, 38 minutos
Carol Burnett , Michael Caine , Charlton Heston , Rock Hudson
46ª edición dos Óscar
2 de abril de 1974
O golpe
3 horas, 23 minutos
John Huston , Burt Reynolds , David Niven , Diana Ross
47ª edición dos Óscar
8 de abril de 1975
O padriño (II parte)
3 horas, 20 minutos
Sammy Davis, Jr. , Bob Hope , Shirley MacLaine , Frank Sinatra
48ª edición dos Óscar
29 de marzo de 1976
Alguén voou sobre o niño do cuco
3 horas, 12 minutos
Goldie Hawn , Gene Kelly , Walter Matthau , George Segal , Robert Shaw
49ª edición dos Óscar
28 de marzo de 1977
Rocky
3 horas, 38 minutos
Warren Beatty , Ellen Burstyn , Jane Fonda , Richard Pryor
50ª edición dos Óscar
3 de abril de 1978
Annie Hall
3 horas, 30 minutos
Bob Hope
51ª edición dos Óscar
9 de abril de 1979
O cazador
3 horas, 25 minutos
Johnny Carson
52ª edición dos Óscar
14 de abril de 1980
Kramer contra Kramer
3 horas, 12 minutos
Johnny Carson
53ª edición dos Óscar
31 de marzo de 1981
Xente corrente
3 horas, 13 minutos
Johnny Carson
54ª edición dos Óscar
29 de marzo de 1982
Chariots of Fire
3 horas, 24 minutos
Johnny Carson
55ª edición dos Óscar
11 de abril de 1983
Gandhi
3 horas, 15 minutos
Liza Minnelli , Dudley Moore , Richard Pryor , Walter Matthau
56ª edición dos Óscar
9 de abril de 1984
A forza do cariño
3 horas, 42 minutos
Johnny Carson
57ª edición dos Óscar
25 de marzo de 1985
Amadeus
3 horas, 10 minutos
Jack Lemmon
58ª edición dos Óscar
24 de marzo de 1986
Memorias de África
3 horas, 2 minutos
Alan Alda , Jane Fonda , Robin Williams
59ª edición dos Óscar
30 de marzo de 1987
Platoon
3 horas, 19 minutos
Chevy Chase , Goldie Hawn , Paul Hogan
60ª edición dos Óscar
11 de abril de 1988
O derradeiro emperador
3 horas, 33 minutos
Chevy Chase
Shrine Auditorium
61ª edición dos Óscar
29 de marzo de 1989
Rain Man
3 horas, 19 minutos
Ninguén
62ª edición dos Óscar
26 de marzo de 1990
Paseando a Miss Daisy
3 horas, 37 minutos
Billy Crystal
Dorothy Chandler Pavilion
63ª edición dos Óscar
25 de marzo de 1991
Dances with Wolves
3 horas, 35 minutos
Billy Crystal
Shrine Auditorium
64ª edición dos Óscar
30 de marzo de 1992
O silencio dos cordeiros
3 horas, 33 minutos
Billy Crystal
Dorothy Chandler Pavilion
65ª edición dos Óscar
29 de marzo de 1993
Sen perdón
3 horas, 30 minutos
Billy Crystal
66ª edición dos Óscar
21 de marzo de 1994
A lista de Schindler
3 horas, 18 minutos
Whoopi Goldberg
67ª edición dos Óscar
27 de marzo de 1995
Forrest Gump
3 horas, 35 minutos
David Letterman
Shrine Auditorium
68ª edición dos Óscar
25 de marzo de 1996
Braveheart
3 horas, 38 minutos
Whoopi Goldberg
Dorothy Chandler Pavilion
69ª edición dos Óscar
24 de marzo de 1997
O paciente inglés
3 horas, 34 minutos
Billy Crystal
Shrine Auditorium
70ª edición dos Óscar
23 de marzo de 1998
Titanic
3 horas, 47 minutos
Billy Crystal
71ª edición dos Óscar
21 de marzo de 1999
Shakespeare in Love
4 horas, 2 minutos
Whoopi Goldberg
Dorothy Chandler Pavilion
72ª edición dos Óscar
26 de marzo de 2000
American Beauty
4 horas, 4 minutos
Billy Crystal
Shrine Auditorium
73ª edición dos Óscar
25 de marzo de 2001
Gladiator
3 horas, 23 minutos
Steve Martin
74ª edición dos Óscar
24 de marzo de 2002
A Beautiful Mind
4 horas, 23 minutos
Whoopi Goldberg
Dolby Theatre
75ª edición dos Óscar
23 de marzo de 2003
Chicago
3 horas, 30 minutos
Steve Martin
76ª edición dos Óscar
29 de febreiro de 2004
The Lord of the Rings: The Return of the King
3 horas, 44 minutos
Billy Crystal
77ª edición dos Óscar
27 de febreiro de 2005
Million Dollar Baby
3 horas, 14 minutos
Chris Rock
78ª edición dos Óscar
5 de marzo de 2006
Crash
3 horas, 33 minutos
Jon Stewart
79ª edición dos Óscar
25 de febreiro de 2007
Infiltrados
3 horas, 51 minutos
Ellen DeGeneres
80ª edición dos Óscar
24 de febreiro de 2008
Non é un país para vellos
3 horas, 21 minutos
Jon Stewart
81ª edición dos Óscar
22 de febreiro de 2009
Slumdog Millionaire
3 horas, 30 minutos
Hugh Jackman
82ª edición dos Óscar
7 de marzo de 2010
En terra hostil
3 horas, 37 minutos
Steve Martin , Alec Baldwin
83ª edición dos Óscar
27 de febreiro de 2011
The King's Speech
3 horas, 15 minutos
James Franco , Anne Hathaway
84ª edición dos Óscar
26 de febreiro de 2012
The Artist
3 horas, 14 minutos
Billy Crystal
85ª edición dos Óscar
24 de febreiro de 2013
Argo
3 horas, 35 minutos
Seth MacFarlane
86ª edición dos Óscar
2 de marzo de 2014
12 anos de escravitude
3 horas, 35 minutos
Ellen DeGeneres
87ª edición dos Óscar
22 de febreiro de 2015
Birdman
3 horas, 40 minutos
Neil Patrick Harris
88ª edición dos Óscar
28 de febreiro de 2016
Spotlight
3 horas, 37 minutos
Chris Rock
89ª edición dos Óscar
26 de febreiro de 2017
Moonlight
3 horas, 49 minutos
Jimmy Kimmel
90ª edición dos Óscar
4 de marzo de 2018
The Shape of Water
3 horas, 53 minutos
Jimmy Kimmel
91ª edición dos Óscar
24 de febreiro de 2019
O libro verde
3 horas, 23 minutos
(non tivo)
92ª edición dos Óscar
9 de febreiro de 2020
Gisaengchung
3 horas, 35 minutos
(non tivo)
93ª edición dos Óscar
25 de abril de 2021
Nomadland
3 horas, 19 minutos
(non tivo)
94ª edición dos Óscar
27 de maio de 2022
CODA
3 horas, 42 minutos
Regina Hall , Amy Schumer , Wanda Sykes
95ª edición dos Óscar
12 de marzo de 2023
Everything Everywhere All at Once
3 horas, 40 minutos
Jimmy Kimmel
96ª edición dos Óscar
10 de marzo de 2023
Oppenheimer
3 horas, 23 minutos
Jimmy Kimmel
Principais premiados
Os filmes máis galardoados foron Ben-Hur , Titanic e The Lord of the Rings: The Return of the King con cadanseus 11 premios. Outras con máis de oito premios foron:
Categorías ó mérito
Categorías actuais
No primeiro ano dos premios, o Mellor director foi dividido en dúas categorías diferentes (drama e comedia). Do mesmo xeito, Mellor banda sonora tamén estaba dividido en dúas categorías (drama e comedia/musical). Dende 1930s ata a década de 1960, as categorías Mellor dirección de arte , Mellor fotografía e Mellor deseño de vestiario estaban separadas en filmes en branco e negro e filmes en cor. Ata o ano 2012, o Mellor deseño de produción era chamado Mellor dirección de arte , mentres que Mellor maquillaxe e peiteado era chamado Mellor maquillaxe .
Outro premio, chamado Óscar ó mellor musical orixinal , aínda está nos libros de regras da Academia a pesar de que foi interrompido. Debido á insuficiente capacidade de elixir en cada ano, non foi asignada dende 1984 (cando gañou Purple Rain ).
Categorías desaparecidas
Categorías propostas
O Consello de Gobernadores reúnese cada ano e considera novas categorías de premios. Ata o momento, as seguintes categorías propostas foron rexeitadas:
Mellor casting: rexeitado en 1999
Mellor coordinador de especialistas: rexeitado en 1999; rexeitado en 2005; rexeitado en 2011
Mellor deseño de título: rexeitado en 1999.
Categorías especiais
Os Premios Especiais da Academia son votados por comités especiais e non polos membros da Academia como un todo. Non son sempre presentados nunha base consistente anual.
Categorías especiais anuais
Categorías especiais desaparecidas
Notas
↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para óscar .
↑ "About the Academy Awards" . Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2007. Consultado o 13 de abril de 2007 .
↑ Essex, Andrew (14 de maio de 1999). "The Birth of Oscar" . Entertainment Weekly . Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2013. Consultado o 2 de marzo de 2011 .
↑ "Primera ceremonia de los Óscar" . Canal HISTORIA (en castelán ) . 2010-05-15. Consultado o 2021-03-19 .
↑ "El protocolo de la ceremonia de los Óscars, o el noche que Hollywood se viste de gala – David Tejo" . davidtejo.com . Consultado o 2021-03-19 .
↑ "¿Cómo fue la primera ceremonia de los Premios Oscar? Aquí te contamos" . Vogue Mexico (en castelán ) . Consultado o 2021-03-19 .
↑ "Ediciones Anteriores de los Oscars" . Oscars 2021 (en castelán ) . Consultado o 2021-04-05 .
↑ Scott Bowles (26 de febreiro de 2008). "Low Oscar Ratings Cue Soul-Searching" . USA Today . Consultado o March 19, 2008 .
↑ Nikki Finke (26 de febreiro de 2007). "UPDATE: 39.9 Million Watch 79th Oscars" . Nikki Finke's Deadline Hollywood Daily (LA Weekly). Consultado o 21 de febreiro de 2011 .
↑ Bill Gorman (March 8, 2010). "Academy Awards Averages 41.3 Million Viewers; Most Since 2005" . TVbytheNumbers. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2010. Consultado o March 12, 2010 .
↑ "Academy Sets Date for Next Year's Oscars | The Wrap Awards" . Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2012. Consultado o 27 de decembro de 2012 .
↑ "SETH MACFARLANE TO HOST 85TH OSCARS®, AIRING LIVE ON ABC, SUNDAY, 24 de febreiro de 2013" . ABC Media Net . American Broadcasting Company. 1 de outubro de 2012. Consultado o 1 de outubro de 2012 .
↑ Donnelly, Matt (9 de xaneiro de 2019). "After Kevin Hart Debacle, Oscars Forge Ahead Hostless" . Variety . Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2016. Consultado o 9 de xaneiro de 2019 .
↑ "Music Awards | Rules for the 84th Academy Awards | Academy of Motion Picture Arts & Sciences" . Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2013. Consultado o 28 de decembro de 2012 .
↑ Michael Hiltzik (4 de agosto de 2005). "One stunt they've been unable to pull off" . Los Angeles Times . Consultado o 13 de abril de 2007 .
↑ Handel, Jonathan (15 de xuño de 2011). "Academy Votes Against Creating Oscar Category for Stunt Coordinators" . The Hollywood Reporter .
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categorías Premios especiais Categorías retiradas Cerimonias