Primeiras Nacións | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: 698 025 | |
Rexións principais: | |
Canadá (sobre todo nas provincias de Ontario e Columbia Británica) | 698 025 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Linguas aborixes do Canadá, inglés e francés |
Relixión | Cristianismo, anglicanismo canadense e crenzas nativas |
Grupos relacionados | Nativos americanos |
As Primeiras Nacións (en inglés: First Nations; en francés: Premières Nations) é un termo utilizado no Canadá para referirse ao conxunto dos pobos indíxenas localizados no territorio actualmente. Non todos os pobos se enmarcan nesta agrupación, como os inuit e os métis, e hai actualmente uns 600. O corpo de representación estatal das Primeiras Nacións no Canadá é a Asemblea das Primeiras Nacións, existente dende 1982.
Os pobos que compoñen as Primeiras Nacións son denominados normalmente por pobos aborixes e autóctonos (termo máis empregado polos franco-canadenses), ou por pobos nativos canadenses, da expresión inglesa usual de Estados Unidos de Native Americans (Nativos Americanos). Oficialmente son coñecidos polo goberno do Canadá como "indios rexistrados".