Túnel do amor | |
---|---|
Vista do Túnel do amor de Klevan | |
Presentación | |
Nome local | Тунель Кохання |
Localización | Klevan, Ucraína |
Coordenadas | Coordenadas: 50°45′03″N 26°02′46″L / 50.7509, 26.0461 |
Uso(s) | Industrial e turístico |
Dimensións | |
Lonxitude | Entre 3 e 4,9 km |
O Túnel do amor (ucraíno: Туне́ль Коха́ння, Tunel Kokhannya) é unha vía verde situada en Klevan, en Ucraína. Segue un antigo camiño de ferro industrial en desuso pero ininterrompido, onde unha densa vexetación composta de árbores e arbustos entrelazados forma un túnel a través do bosque.
Este camiño, duns poucos quilómetros de lonxitude, é coñecido por ser un lugar romántico reservado para paseos amorosos, e que tamén se fixo popular entre os turistas.
O antigo ferrocarril permitía abastecer ás fábricas de materias primas. O lento paso dos vagóns permitiu así conformar a paisaxe creando un oco sen a intervención do home para realizar labores de roza na vía.
A liña comeza na estación de Klevan, na liña Kovel-Rivne, e chega á zona norte de Orzhiv, tamén servida por unha estación na liña principal. Toda a liña ten uns 6,4 km de lonxitude. Uns 4,9 km do camiño están cubertos de bosque, dentro do cal este túnel esténdese entre 3 e 4,9 km, dependendo do criterio, máis ou menos estrito, co que se mida.