Voo 370 de Malaysia Airlines

Voo 370 de Malaysia Airlines
9M-MRO, o aparello perdido no incidente do
voo 370, durante a súa saída do Aeroporto
Roissy-Charles de Gaulle (Francia) en 2011.
Resumo
Data  8 de marzo de 2014
Causa  desaparecido
Lugar  presumiblemente no sur do
océano Índico
Coordenadas 
Orixe  Kuala Lumpur
Destino  Pequín
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 777-200ER
Operador  Malaysia Airlines
Rexistro  9M-MRO
Pasaxeiros  227
Tripulación  12


O voo 370 de Malaysia Airlines (MH370, tamén designado segundo un acordo de código compartido como voo 748 CZ de China Southern Airlines) foi un voo internacional de pasaxeiros, operado por un avión Boeing 777-200ER que transportaba 227 pasaxeiros e 12 tripulantes. O voo 370 partiu da capital de Malaisia Kuala Lumpur, ás 00:41 do 8 de marzo de 2014 (hora local; UTC+8) nun voo de seis horas de duración cara á capital da China, Pequín. O centro de control de tráfico aéreo de Subang informou ás 02:40 que se perdera o contacto co aparello. As autoridades dos Estados Unidos, Australia, China, Filipinas, Indonesia, Malaisia, Singapur, Tailandia e Vietnam montaron un dispositivo de busca e rescate conxunto, para buscaren os restos do aparello no mar da China Meridional.

O FBI investigou a posibilidade que fora un caso de terrorismo, focalizando a súa atención ao feito que cando menos dous pasaxeiros tiñan identidades falsas. e o xefe da forza aérea de Malaisia, Rodzali Daud, afirmou que os sinais do radar amosan a posibilidade que a aeronave dera a volta, tras días de busca infrutuosa os investigadores concluíron que a aeronave desviara a súa ruta, dirixíndose cara ao oeste cruzando a península Malaia e voando durante horas despois de desaparecer do radar, dirixíndose intencionadamente cara ao Índico. O 20 de marzo, unha serie de imaxes de satélite amosaron posibles restos da aeronave no sur do Índico, ao suroeste de Austrila, incrementándose a busca nesa zona. Avións militares chineses e australianos avistaron máis restos en áreas próximas o 24 de marzo. baseándose en análises de investigadores da aviación británica e da compañía de satélites Inmarsat fontes do goberno malaisio e de Malaysia Airlines afirmaron que o avión caeu ao mar no sur do Índico, morrendo todos os seus ocupantes.

Área teórica de busca do aeroplano, en azul zona aproximada onde as autoridades malaias afirman que o avión caeu ao mar.

Aparello

O Boeing 777-200ER, rexistrado como 9M-MRO entrou na frota de Malaysia Airlines como un aparello novo o 31 de maio de 2002. Conta con dous motores Rolls-Royce Trent 800. Anteriormente sufrira outro incidente, en terra, o 9 de agosto de 2012 no Aeroporto Internacional de Shanghai-Pudong cando unha das súas ás bateu cun Airbus A340-600 da China Eastern Airlines..

Incidente

O voo partiu do Aeroporto Internacional de Kuala Lumpur sen novidade aparecendo por derradeira vez no sistema de control automatizado do tráfico aéreo nas coordenadas 6°33′05″N 103°20′39″L / 6.5515, 103.3443 (Illas Tho Chu), approximadamente a 100 km a NNE de Kuala Terengganu, cesando a comunicación pouco despois de pasar polo centro de control aéreo de Ho Chi Minh Area. No tempo da súa desaparición, a aeronave tiña suficiente combustible para seguir voando sete horas e media.

Reaccións

A aeroliña confirmou que as operacións de busca e rescate comezaran, dous navíos de rescate chineses desprazáronse ao mar da China Meridional para colaboraren. e as autoridades malaisianas tamén envieron un avión, dous helicópteros e catro navíos para participaren nos traballos de procura. Filipinas tamén desprazou un avión de para axudar nos labor. E Singapur enviou un C-130 Hercules para asistir na busca da aeronave desaparecida .

Pasaxe e tripulación

Segundo Malaysia Airlines, o capitán do voo era un malaisiano de 53 anos cunha experiencia de 18.365 horas de voo que entrara na compañía en 1981. O primeiro oficial tamén era malaisiano, de 27 anos, con 2.763 horas de voo, e empregado desde 2007.

Segundo a listaxe publicada pola aeroliña había pasaxeiros de 15 nacionalidades diferentes, todos os 12 tripulantes eran de nacionalidade malaisiana.

Nacionalidade Pasaxeiros
Australia Australia 6
Austria Austria 1
Canadá 2
China 152
Francia 4
Hong Kong 1
India India 5
Indonesia 7
Italia Italia 1
Malaisia 38
Países Baixos Países Baixos 1
Nova Zelandia Nova Zelandia 2
Rusia Rusia 1
Taiwán 1
Ucraína Ucraína 2
Estados Unidos de América Estados Unidos 3
Total (15 nacionalidades) 227

Notas

  1. CBC News, "Malaysia Airlines jet missing, 2 Canadians among 239 on board", 7 de marzo de 2014
  2. China Southern flight CZ 748: Kuala Lumpur - Capital, Beijing, FlightMapper.net. 7 de marzo de 2014.
  3. "Beijing-bound flight from Malaysia missing". USA TODAY. Consultado o 7 de marzo de 2014. 
  4. "Malaysia Airlines 'loses contact with plane'". BBC. 8 de marzo de 2014. Consultado o 8 March 2014. 
  5. Grudgings, Stuart. "Malaysia Airlines plane crashes in South China Sea with 239 people aboard: report". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2014. Consultado o 8 de marzo de 2014. 
  6. Tasnim Lokman (9 de marzo de 2013). "MISSING MH370: Indonesia helps in search for airliner". New Straits Times. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 9 de marzo de 2014. 
  7. "Passengers with stolen passports on board Malaysia Airlines flight". Malaysia Sun. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2014. Consultado o 8 de marzo de 2014. 
  8. DiBlasio, Natalie and Kevin Johnson (8 de marzo de 2014). "Reports: U.S. investigating terror concerns in missing jet". Lancaster Gazette. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2014. Consultado o 9 de marzo de 2014. 
  9. "Reports: FBI prepared to join investigation of missing Malaysia Airlines plane". circa. 9 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2014. Consultado o 9 de marzo 2014. 
  10. "Reports: Missing Malaysia Airlines plane 'may have turned back'". BBC News. 9 de marzo de 2014. Consultado o 9 de marzo de 2014. 
  11. Andy Pasztor Missing Airplane Flew On for Hours The Wall Street Journal, 12 de marzo de 2014.
  12. Bob Orr Did Malaysian plane fly toward Indian Ocean after last contact? CBS News, 13 de marzo de 2014
  13. The Sydney Morning Herald, ed. (20 de marzo de 2014). "Missing Malaysia Airlines plane: Debris found in search for MH370, says Australian Prime Minister Tony Abbott". Consultado o 20 de marzo de 2014. 
  14. Pearson, Michael; Mullen, Jethro. "Flight 370 passenger's relative: 'All lives are lost'". CNN.com. Consultado o 24 de marzo de 2014. 
  15. Branigan, Tania (24 de marzo de 2014). The Guardian, ed. "Missing flight MH370 lost in southern Indian Ocean, says Malaysian PM". Consultado o 24 de marzo de 2014. 
  16. "Malaysia Airlines 9M-MRO (Boeing 777 - MSN 28420)". Airfleets. Consultado o 7 de marzo de 2014. 
  17. "ASN Aircraft accident 09-AUG-2012 Boeing 777-2H6ER 9M-MRO". Aviation Safety Networks. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 7 de marzo de 2014. 
  18. Malaysian Airlines. "04:20 PM MYT +0800 Malaysia Airlines MH370 Flight Incident - 4th Media Statement". Malaysian Airlines. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2014. Consultado o 8 de marzo de 2014. 
  19. "Malaysian Airlines System (MH) #370 ✈ 08-Mar-2014 ✈ WMKK / KUL - ZBAA / PEK ✈". flightaware. Consultado o 8 de marzo de 2014. 
  20. 20,0 20,1 "MH370 Flight Incident". Malaysian Airlines. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2014. Consultado o 8 de marzo de 2014. 
  21. Malaysia Airlines loses contact with jet carrying 239 people; cnn; 8 de marzo de 2014.
  22. Search launched for Malaysian airliner Arquivado 08 de marzo de 2014 en Wayback Machine. KTVZ
  23. Vietnam, Malaysia mount search for plane Arquivado 08 de marzo de 2014 en Wayback Machine. - Sky News Australia
  24. 24,0 24,1 "Malaysia Airlines missing flight: Live Report". Yahoo News (en inglés). 8 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2014. Consultado o 8 de maro de 2014. 
  25. "PH joins SE Asia search for Malaysian plane". Rappler.com. 8 de marzo de 2014. Consultado o 8 de marzo de 2014. 
  26. "MH370 Flight Incident". Malaysian Airlines. 8 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2014. Consultado o 08 de marzo de 2014.