WorldCat é o catálogo en liña da OCLC (Online Computer Library Center), considerado o meirande catálogo OPAC do mundo. O seu nome provén da contracción da expresión inglesa World Catalog ('Catálogo Mundial'). Creado no ano 1971, aloxa datos de máis de 10.000 bibliotecas públicas e privadas de todo o mundo. En 2005, contiña o 73% do National Union Catalog (catálogo de libros anteriores a 1956). WorldCat atópase dispoñible en moitas bibliotecas e redes informáticas das universidades e dende agosto de 2006, está dispoñible de balde a través de Internet no enderezo WorldCat.org.
Permite: