Familia | |
---|---|
Cónxuxe | Clímene |
Fillos | Atlas, Menecio, Héspero (pt) , Prometeo, Epimeteo, Anchiale (en) |
Pais | Urano e Xea |
Irmáns | Rea, Cronos, Hiperión, Temis, Tía, Océano e Tetis |
Na mitoloxía grega, Xapeto (en grego antigo, Ίαπετός Iapetós) era un Titán, fillo de Xea (a Terra) e Urano (o Ceo).
"Coa moza de belos pés, a oceánide Clímene, casou Xapeto e con ela subiu ó mesmo leito. Ela deulle un fillo, o valoroso Atlante, e enxendrou o famoso Menetio, o sutil Prometeo, rico en recursos, e o torpe Epimeteo, que foi desde o principio un mal para os laboriosos homes, pois por primeira vez aceptou unha doncela modelada por Zeus".(Hesíodo: Teogonía 507-514)
Casou con Clímene, filla de Océano e Tetis, con quen tivo catro fillos: Atlas (ou Atlante), Menecio, Prometeo e Epimeteo. Deste xeito, está relacionado coa raza humana, recuperada tras o diluvio por Deucalión, fillo de Prometeo e de Clímene .
Deucalion era o fillo de Prometeo
Outras fontes din que a súa esposa foi Asia, tamén filla de Océano; ou ben Asopis, unha neta de Océano.
Xunto ós seus irmáns, púxose do lado de Cronos na guerra da Titanomaquia, fronte a Zeus. Ó ser derrotados, todos eles terminaron condenados por Zeus a ser encerrados no Tártaro.
Elvira Barba non recolle ningunha iconografía deste deus.
ASTRON Satélite de Saturno...
ASTRON Satélite de Saturno...