Yu-Gi-Oh!

Logotipo de Yu-Gi-Oh!.

Yu-Gi-Oh! (遊☆戯☆王 Yū-Gi-Ō!?, lit. "Rei dos Xogos") é un manga xaponés escrito e ilustrado por Kazuki Takahashi. Foi publicado pola revista Weekly Shōnen Jump de Shueisha entre o 30 de setembro de 1996 e o 8 de marzo de 2004. Conta a historia dun rapaz chamado Yugi Mutou, quen resolve o antigo Millennium Puzzle. Yugi esperta un alter-ego no seu corpo que lle axuda a resolver conflitos nos duelos de cartas.

Producíronse dúas adaptacións de anime; unha realizada por Toei Animation, que se estreou dende o 4 de abril de 1998 até o 10 de outubro de 1998, e outra producida por NAS e animada por Studio Gallop título Yu-Gi-Oh! Duel Monsters, que se estreou entre abril de 2000 e setembro de 2004. A serie manga ampliouse en numerosos manga spin-off e serie de anime, un xogo de cartas e varios videoxogos. A maioría das recreacións da franquía implican un xogo de intercambio e duelo de cartas coñecido como Duel Monsters, onde cada xogador emprega as súas cartas para loitar en batallas de "monstros" de fantasía. Isto é a base do xogo real Yu-Gi-Oh! Trading Card Game. No ano 2018, Yu-Gi-Oh era unha das franquías de maior recadación de tódolos tempos.

Notas

  1. "番組表". TV Asahi. 23 de maio de 1998. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 1998. Consultado o 1 de xuño de 2009. 
  2. Peters, Megan (23 de xuño de 2018). ComicBook.com, ed. "'Pokemon' Is The Highest-Grossing Franchise Of All-Time" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2018.