Yukio Mishima

Infotaula de personaYukio Mishima
Nome orixinalKimitake Hiraoka
平岡公威
Biografía
Nacemento(ja) 平岡 公威 Editar o valor em Wikidata
14 de xaneiro de 1925
Toquio, Xapón
Morte25 de novembro de 1970 (45 anos)
Toquio, Xapón
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Stabbing (en) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio Tama, Fuchū, Toquio 
Datos persoais
País de nacionalidade Xapón
RelixiónXintoísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Toquio
Altura163 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, teatro, Actuación, modelling (en) Traducir, acción política e poesía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Xapón Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , actor de cinema , actor de teatro , crítico , director de cinema , modelo , director teatral , activista político , tradutor , poeta , prosista , ensaísta , novelista , guionista , dramaturgo , funcionario Editar o valor em Wikidata
Período de tempoSéculo XX Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1944 Editar o valor em Wikidata - 25 de novembro de 1970 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMinistry of the Treasury (en) Traducir
Bungakuza (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Tatenokai (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela, poesía, teatro, ensaio, crítica literaria
MovementoNacionalismo xaponés, Japan Romantic School (en) Traducir, Second Generation of Postwar Writers (en) Traducir, movimento estético (pt) Traducir e Posmodernismo Editar o valor em Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioYukio Mishima
榊山保
三島由紀夫 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoKing Records Editar o valor em Wikidata
DeporteCulturismo
Kendo
Karate Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeYōko Hiraoka (en) Traducir (1958–1970), morte da persoa Editar o valor em Wikidata
FillosNoriko Hiraoka (en) Traducir, Iichirō Hiraoka (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAzusa Hiraoka Editar o valor em Wikidata  e Shizue Hiraoka Editar o valor em Wikidata
IrmánsChiyuki Hiraoka (en) Traducir e Mitsuko Hiraoka Editar o valor em Wikidata
ParentesKoji Tomita (en) Traducir (xenro)
Hashi Kenkō (en) Traducir (tío)
Natsu Hiraoka (avoa paterna)
Sadatarō Hiraoka (avó paterno)
Kenzō Hashi (en) Traducir (avó materno)
Hiraoka Takichi (en) Traducir (paternal great-grandfather (en) Traducir)
Nagai Iwanojō (en) Traducir (bisavó)
Hashi Kendō (en) Traducir (bisavó)
Nagai Naoyuki (en) Traducir (paternal great-great-grandfather (en) Traducir)
Matsudaira Yoritaka (en) Traducir (great-great-grandfather (en) Traducir)
Matsudaira Noritada (en) Traducir (great-great-great-grandparent (en) Traducir)
Matsudaira Yorisuke (en) Traducir (great-great-great-grandparent (en) Traducir)
Hiraoka Manjirō (en) Traducir (tio-avô (pt) Traducir)
Atsushi Ōya (en) Traducir (tio-avô (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
25 de novembro de 1970Mishima incident (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0592758 Allocine: 43546 Rottentomatoes: celebrity/yukio-mishima Allmovie: p49588 TCM: 1211618 Metacritic: person/yukio-mishima TV.com: people/yukio-mishima
Dialnet: 2922552 Last fm: yukio+mishima Musicbrainz: c4dbf00b-4a0c-40f1-ba48-639c9dd570d1 Discogs: 1563852 WikiTree: 平岡-1 Find a Grave: 6133770 Editar o valor em Wikidata

Yukio Mishima (三島由紀夫 Mishima Yukio?), pseudónimo de Kimitake Hiraoka (平岡公威 Hiraoka Kimitake?), nado en Toquio o 14 de xaneiro de 1925 e finado na mesma cidade o 25 de novembro de 1970, foi un novelista e dramaturgo xaponés. Escribiu máis de 40 novelas, poemas, ensaios e pezas modernas de teatro kabuki e noh.

En 1988 creouse o premio Mishima para honrar a súa vida e obra.

Traxectoria

Orixes

Yukio Mishima era o nome artístico utilizado por Kimitake Hiraoka (平岡公威 Hiraoka Kimitake?), que naceu na capital do Imperio do Xapón en 1925, onde tivo unha infancia problemática marcada por sucesos que máis tarde influíron fortemente a súa literatura. De neno foi separado dos seus pais e pasou a vivir coa súa avoa paterna, unha aristócrata ligada á era Tokugawa. A avoa deixaba o neno afastarse da súa vista, de xeito que Kimitake tivo unha infancia illada.

Aos doce anos Kimitake volveu vivir cos seus pais e comezou a escribir as súas primeiras historias. Matriculouse nun colexio de elite en Tokio e seis anos despois publicou nunha revista literaria un conto que posteriormente foi editado en libro. O seu pai, un funcionario do goberno, estaba totalmente en contra das súas pretensións literarias. Nesa época adoptou o pseudónimo Yukio Mishima, en parte para ocultar os seus traballos literarios do coñecemento paterno. Foi recrutado polas forzas xaponesas durante a segunda guerra mundial, mais quedou fóra das liñas da fronte por motivos físicos e de saúde. Este feito converteuse nun factor de gran remorso para Mishima que testemuñou a morte dos seus compatriotas e perdeu a oportunidade de ter unha morte heroica. Forzado polo seu pai, matriculouse na universidade de Toquio onde se formou en dereito. Trala graduación conseguiu un emprego no Ministerio de Finanzas. No entanto, desgustouse tanto que acabou por convencer o seu pai a aceptar a súa carreira literaria. O seu pai, rudo e disciplinante dixo que xa que era escritor era mellor que se converterse no mellor escritor que o Xapón vise.

Inicio da carreira literaria

Mishima tiña 24 anos cando publicou Confesións dunha máscara (面の告白 Kamen no Kokuhaku?), unha historia sobre un mozo homosexual que precisa esconderse detrás dunha máscara para evitar a sociedade. A novela alcanzou un tremendo éxito literario, o que levou a Mishima á celebridade e continuou con outras publicacións e traducións, converténdoo nun autor internacionalmente coñecido. Yukio Mishima foi candidato en tres ocasións ao premio Nobel de literatura; o último deles (1968) foi concedido ao seu amigo, Yasunari Kawabata, que o introducira nos círculos literarios de Tokio na década de 1940.

Despois da publicación de Kamen no Kokuhaku, Mishima adquiriu unha posición máis realista e activa, intentando deixar atrás o mozo fráxil e obsesivo. Comezou a practicar artes marciais e alistouse no Exército de Autodefensa xaponés, onde, un ano despois, formou o Tatenokai (Sociedade da Armadura), unha entidade de extrema dereita composta de mozos estudantes de artes marciais que estudaban o bushido baixo a disciplina e tutela de Mishima. Casou en 1958 con Yoko Sugiyama, tendo con ela un fillo e unha filla. Nos últimos dez anos da súa vida, traballou como actor en filmes e codirixiu unha adaptación dunha das súas historias.

Monumento "O son das ondas" de homenaxe á obra de Yukio Mishima

Tentativa de golpe de estado e seppuku

O 25 de novembro de 1970, Yukio Mishima, acompañado de 4 membros do Tatenokai, renderon o comandante do cuartel xeral das Forzas de Autodefensa xaponesas en Tokio. Realizou un discurso patriótico na tentativa de persuadir os soldados do cuartel a restituíren ao Emperador os seus poderes. Notando a indiferenza dos soldados, Yukio Mishima cometeu seppuku, sendo asistido por Hiroyasu Koga, unha vez que Masakatsu Morita fallou no momento final. A mañá antes da súa morte esciribiu:

A vida humana é finita mais a min me gustaría vivir para sempre

Crese que Mishima tiña o seu suicidio preparado durante un ano. Segundo John Nathan, o seu biógrafo, tradutor e amigo, tería creado este escenario só como pretexto para o suicidio ritual co que sempre soñou.

Mishima reservaba para si unha individualísima marca de nacionalismo ao final da súa vida. Foi odiado pola extrema dereita, en particular polo seu compromiso declarado co bushido, o código de honra e conduta do samurai, e por nacionalistas tradicionais por causa da súa afirmación, no Bunka Bōeiron (文化 防衛 論, "A Defensa da Cultura"), que Hirohito debería ter abdicado e asumido a responsabilidade pola perda de vidas na guerra.

Cando morreu, Mishima tiña acabado de escribir O Mar da Fertilidade (豊穣の海 Hōjō no Umi?).

Obras principais

Título en xaponés Título traducido Ano
假面の告白
Kamen no Kokuhaku
Confesións dunha máscara 1948
愛の渇き
Ai no Kawaki
Sede de amor 1950
禁色
Kinjiki
Cores prohibidas 1953
潮騷
Shiosai
O tumulto das ondas 1954
金閣寺
Kinkaku-ji
O pavillón dourado 1956
鏡子の家
Kyōko no Ie
A casa de Kyoko 1959
宴のあと
Utage no Ato
Despois do banquete 1960
午後の曳航
Gogo no Eikō
O mariñeiro que perdeu as grazas do mar 1963
絹と明察
Kinu to Meisatsu
Seda e visón 1964
三熊野詣
Mikumano Mōde
(conto)
Actos de adoración 1965
サド侯爵夫人
Sado Kōshaku Fujin
(obra de teatro)
Madame de Sade 1965
憂國
Yūkoku
(conto)
O patriotismo 1966
眞夏の死
Manatsu no Shi
Morte no verán 1966
葉隠入門
Hagakure Nyūmon
O camiño do samurai 1967
わが友ヒットラー
Waga Tomo Hittorā
(obra de teatro)
O meu amigo Hitler 1968
太陽と鐡
Taiyō to Tetsu
Sol e azo 1970

豐饒の海
Hōjō no Umi O mar da fertilidade tetraloxía: (1969-1970)

Título en xaponés Título traducido Ano
  I. 春の雪
Haru no Yuki
   1. Neve de primavera 1969
  II. 奔馬
Honba
   2. Cabalos en fuga 1969
  III. 曉の寺
Akatsuki no Tera
   3. O templo da aurora 1970
  IV. 天人五衰
Tennin Gosui
   4. A caída do anxo 1970

Notas

  1. Biografia pela The Internet Movie Database
  2. Naoki Inose & Hiroaki Sato, Persona: A Biography of Yukio Mishima (Naoki Inose, Hiroaki Sato) (Stone Bridge Pr 2012)
  3. Mishima, Yukio (1957). わが思春期 [My Puberty] (en Japanese). Myōjō, Shueisha. 
  4. 4,0 4,1 Artigo no jornal ingles “The Guardian”
  5. "Nomination Database: Yukio Mishima". Nobel prize. Consultado o 12-5-2016. 
  6. Nobel Prize Organization
  7. Mishima, Yukio; O Hagakure; A Ética dos Samurais; (1987); p 9; Editora Rocco ltda.
  8. Biografía de Yukio Mishima
  9. Nathan, John. Mishima: A biography, Little Brown and Company: Boston/Toronto, 1974.
  10. Dende Xapón ao Carballiño coa maleta chea de libros e de lembranzas

Véxase tamén

Ligazóns externas