Zico

Este é un artigo sobre o futbolista brasileiro. Para a marca de roupa deportiva véxase Zico España.
Zico
Información persoal
Nome Arthur Antunes Coimbra
Nacemento 3 de marzo de 1953 (71 anos)
Lugar de nacemento Río de Xaneiro
Altura 1,72 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1967–1971 Flamengo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1971–1983 Flamengo 212 (123)
1983–1985 Udinese 39 (22)
1985–1989 Flamengo 37 (12)
1991–1994 Kashima Antlers 45 (35)
Total 333 (192)
Selección nacional
1976–1988 Brasil 72 (52)
Adestrador
1999 Kashima Antlers
2000–2002 CFZ
2002–2006 Xapón
2006–2008 Fenerbahçe
2008 Bunyodkor
2009 CSKA Moscova
2009–2010 Olympiacos
2011–2012 Iraq
Na rede
http://www.ziconarede.com.br/znrpub/ig_index_news.htm
IMDB: nm0955999 Facebook: ZicoOficial Twitter: ziconarede Instagram: zico FIFA: 63650 UEFA: 93481 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

Arthur Antunes Coimbra, alcumado Zico, nado o 3 de marzo de 1953 en Río de Xaneiro é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol brasileiro. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección brasileira. Deuse a coñecer mundialmente a partir da conquista da Copa Libertadores e da Copa Intercontinental co equipo carioca do Flamengo. Disputou tres Copas do Mundo nos anos 1978, 1982 e 1986.

É considerado por moitos, en especial polos seareiros do Flamengo, o mellor xogador brasileiro despois de Pelé e Garrincha, e o mellor xogador da historia do club, onde estivo a maior parte da súa carreira, entre 1967 e 1989, cun lapso entre 1983 e 1985 período no que xogou en Italia, co Udinese Calcio.

No Flamengo conquistou catro títulos nacionais, en 1980, 1982, 1983 e 1987, a Copa Libertadores de América e a Copa Intercontinental, en 1981, entre outros títulos.

Traxectoria

O comezo da súa carreira

Zico xogaba nun pequeno equipo de amigos, o Juventude de Quintino, do barrio de Quintino Bocaiúva, na zona norte do Río de Xaneiro, mais o seu primeiro club de fútbol foi o River Futebol Clube, tradicional club da Piedade, tendo como mestre a Joaquim Pedro da Luz Filho, Seu Quinzinho. No River, con Seu "Quinzinho", o seu xogo chamou a atención. Foi para o Flamengo aos catorce anos de idade, cando en 1967 o locutor Celso Garcia, amigo da familia, asistiu a un encontro de Zico nun torneo no River Futebol Clube, onde xogaba coa camisa do Santos, e levouno para a escolinha de futebol do club. Zico estreouse no primeiro equipo en 1971, nun encontro contra o Vasco da Gama, rematando 2 a 1 para o equipo rubro-negro. Zico fica xa coma titular en 1974, despois de pasar por unha intensa preparación física. Debido ao seu feble corpo de inicio de carreira e ó seu barrio de orixe (Quintino) gañou o cariñoso alcume de "Galinho de Quintino".

Selección Brasileira

Xogou coa selección brasileira de 1976 a 1986, marcando 66 goles en 89 encontros e perdendo un único partido no tempo normal de xogo, contra Italia, no estadio de Sarrià, no Mundial de España, en 1982. Participou tamén nas Copas do Mundo de 1978 e 1986.

O seu debut na selección foi nunha xira no que o Brasil se enfrontou a varios países suramericanos. Fixo fermosos goles de falta e asumiu o rol de maior esperanza do Brasil despois do remate da carreira de Pelé. A súa participación na Copa de 1978 foi curta, xa que na primeira fase sufriu unha grave contusión muscular. A súa consagración foi na Copa de 1982, mais acabou vendo frustrada a súa vontade de gañar o mundial, cando o Brasil foi eliminado por Italia.

Na súa última oportunidade de ser campión dun mundial coma xogador, en 1986, Zico acabou sendo responsabilizado da eliminación do seu equipo diante de Francia nos cuartos de final. No seu segundo partido na Copa, Zico fixo un lanzamento preciso e milimétrico para o xogador Branco, que foi derrubado dentro da área. O árbitro asubiou penalti. Zico, o lanzador oficial da selección, erra, rematando o encontro en empate a un. Despois, o Brasil quedaría eliminado ao perder na quenda de penaltis por 4 a 3.

A lesión

Zico retornou ao Flamengo en 1985, para maior ledicia da afección, mais, no mesmo ano, a súa carreira sufriu o máis duro golpe. Nun encontro contra o Bangu, o xogador Márcio Nunes cometeu unha falta desleal, entrando cos dous pés no xeonllo esquerdo de Zico. A xogada rompeu os ligamentos cruzados do xeonllo do xogador, que se ten que se someter a diversas operacións, segundo di, "aprender a andar de novo". Máis tarde dixo non gardar rencor ó zagueiro.

Política

En 1990, durante o goberno do Presidente Fernando Collor de Mello, foi Secretario Nacional de Deportes.

Xapón

En 1991 retornou ao fútbol, para disputar o campionato xaponés. A súa volta aos terreos de xogo, xunto con outros xogadores famosos xa retirados ou a punto de facelo, é hoxe cualificada coma unha das maiores razóns da rápida popularización do fútbol no Xapón. En 1994, deixou definitivamente de xogar. O seu equipo foi o Sumimoto Metals (actual Kashima Antlers).

Adestrador

Dende xuño de 2002 exerceu o cargo de seleccionador da selección xaponesa. Malia ter sido varias veces convidado a asumir cargos no Flamengo, Zico nunca aceptou. Especúlase que iso se debe en gran parte ós rumbos tomados polas administracións do club carioca, que dende a época de Zico vén acumulando débedas e malos resultados. É actualmente adestrador de fútbol e de 2004 até 2006 dirixiu á selección do Xapón, que, a pesar de ter sido a primeira clasificada, foi eliminada na primeira fase do Mundial de Fútbol Alemaña 2006. Foi tamén campión asiático coa selección xaponesa en 2004. Despois da copa foi contratado para adestrar ao equipo do Fenerbahçe en Turquía.

Estatísticas

Equipo Número de Goles Encontros Media
Flamengo (BRA) 568 765 0,74
Udinese (ITA) 57 79 0,72
Kashima Antlers (XAP) 54 88 0,61
Selección Brasileira 68 94 0,74
Selección Brasileira de Masters 8 16 0,5
Outros 44 49 0,9
TOTAL 799 1091 0,73

Títulos

Flamengo

Selección brasileira

Udinese

  • Torneo Cuadrangular de Udine (1983)

Selección brasileira Máster

Kashima Antlers

  • Copa Muroran (1992)
  • Copa Suntory (1ª fase, 1993)
  • Copa Meiers (1993)
  • Copa Pepsi (1993)

Selección brasileira de fútbol praia

Premios

Récords

  • Ós 23 anos, zico xa había se tornar o maior Artilheiro da historia do flamengo, con case 300 goles.
  • Récord de goles polo flamengo nunha só temporada - 49 goles - (1974)
  • Récord de goles polo flamengo nunha só temporada - 56 goles - (1976)
  • Máximo goleador da liga brasileira 59 goles - (1982)
  • Máximo goleador do Flamengo nunha tempada - 81 goles en 70 partidos - (1979)
  • Récord de goles en partidos seguidos no Campionato Xaponés, 11 goles en 10 partidos -(1992)
  • Maior artilheiro de todos os tempos do Estadios Mário Fillo (Maracanã)
  • Maior vencedor de todos os tempos do Premio bola de prata / bola de Ouro - Revista Marcado,(Placar)
  • Maior artilheiro da historia do Flamengo - 568 goles
  • Maior artilheiro medio campista do mundo en todos os tempos - goles oficiais 516, goles en total 826

Goles

  • Campeonato Carioca de Escolinha (1970): 26 goles
  • Campeonato Carioca Infantil 1 (1971): 9 goles
  • Campeonato Carioca Profesional (1975): 30 goles
  • Copa Guanabara (1975): 10 goles
  • Campeonato Carioca (1977): 27 goles
  • Campeonato Carioca (1978): 19 goles
  • Campeonato Carioca (1979): 26 goles
  • Campeonato Especial (1979): 34 goles
  • Torneo Ramón de Carranza (1979): 3 goles
  • Torneo Ramon de Carranza (1980): 2 goles
  • Torneo de Santander (1980): 3 goles
  • Campeonato Brasileiro (1980): 20 goles
  • Copa Libertadores da América (1981): 11 goles
  • Torneo de Nápoles (1981): 4 goles
  • Campeonato Brasileiro (1982): 21 goles
  • Copa Guanabara (1982): 12 goles
  • Campeonato Carioca (1982): 21 goles
  • Campionato Italiano (1983): 19 goles
  • Campionato Xaponés (1992): 21 goles
  • Mundial de praia (1995): 12 goles

Véxase tamén

Ligazóns externas