Zifio caldeirón austral Hyperoodon planifrons | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tamaño comparado co dun humano | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Hyperoodon planifrons Flower, 1882 | |||||||||||||||||||||||
Distribución do zifio caldeirón austral
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
O zifio calderón austral, Hyperoodon planifrons, é unha das dúas especies de cetáceos odontocetos do xénero Hyperoodon da familia dos zifíidos.
A especie foi definida en 1882 por William Henry Flower como Hyperoodon (Frasercetus) planifrons. O nome científico válido na actualidade é Hyperoodon planifrons Flower, 1882.
Flower fixo a descrición baseándose nun cranio desgastado pola auga que encontrou na illa Lewis, no arquipélago Dampier, situada n a entrada da baía Davis, na Antártida.
O zifio caldeirón austral observouse en moi poucas ocasións, e rara vez foi obxecto de caza, sendo probabelmente o zifio máis abundante nas augas antárticas. Os avistamentos zifios en augas tropicais e subtropicais pertencen na maioría a outra especie distinta, o Indopacetus pacificus.
Bastante corpulento, mide 7,5 m de lonxitude cando é adulto. O seu fociño é alongado, formando un bico, de cor negra nos machos e gris nas femias. A aleta dorsal é relativamente pequena (de 30 a 38 cm) e está situada detrás do centro do lombo, e ten forma curvada (falciforme). A coloración do dorso é gris intenso, que as inferiores se fai máis clara.
O zifio caldeirón austral ten unha distribución circumpolar no océano Antártico. Encóntrase en todo o hemisferio sur, desde tan ao sur como as costas antárticas, e tan ao norte como até os 30 ºS, chegado ás costas de Suráfrica, Nova Zelandia, Australia e Suramérica, e do centro de Chile, no Pacífico, e do sur do Brasil, no Atlántico.
É o zifio máis avistado nas augas antárticas, sendo claramente abundan nelas. Kasamatsu e Joyce estimaron a presenza de 599 300 cetáceos ao sur da converxencia antártica en xaneiro, os máis deles cales foron considerados como zifios caldeirón austrais. Esta estimación da abundancia probabelmente está subestimada, porque os métodos utilizados nas observacións non teñen xeralmente en conta o feito de que estes animais se mergullan durante longos períodos, e son discretos cando emerxen á superficie.
Non hai información sobre as tendencias da evolución da poboación global desta especie; porén, debido aos datos anteriormente citados, a UICN cualificou en 2008 a situación da especie como "LC" (pouco preocupante).
O zifio caldeirón austral aliméntase principalmente de krill, luras e outros cefalópodos, pequenos peixes, gambas e outros crustáceos.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zifio caldeirón austral |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Zifio caldeirón austral |
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |