Zlatan Ibrahimović | |||
---|---|---|---|
Ibrahimović en 2015. | |||
Información persoal | |||
Nome | Zlatan Ibrahimović | ||
Nacemento | 3 de outubro de 1981 (42 anos) | ||
Lugar de nacemento | Västra Skrävlinge församling | ||
Altura | 1,95 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1999–2001 | Malmö | 40 | (16) |
2001–2004 | Ajax | 74 | (35) |
2004–2006 | Juventus | 69 | (23) |
2006–2009 | Internazionale | 88 | (57) |
2009–2011 | Barcelona | 29 | (16) |
2010–2011 | → Milan (cedido) | 28 | (14) |
2011–2012 | Milan | 32 | (28) |
2012–2016 | Paris Saint-Germain | 122 | (113) |
2016–2018 | Manchester United | 33 | (17) |
2018–2019 | LA Galaxy | 56 | (52) |
2020–2023 | Milan | 64 | (34) |
Selección nacional | |||
1999 | Suecia sub-18 | 4 | (1) |
2001 | Suecia sub-21 | 7 | (6) |
2001–2023 | Suecia | 122 | (62) |
Na rede | |||
| |||
Partidos e goles só en liga doméstica. | |||
Zlatan Ibrahimović, nado en Malmö o 3 de outubro de 1981, é un exfutbolista sueco de pai bosníaco e nai croata, que xogaba de dianteiro.
Foi elixido Mellor xogador do Calcio no ano 2008, así como Futbolista Estranxeiro do Ano na Serie A nos anos de 2005 e 2008. Tamén gañou o premio o Mellor futbolista sueco nos anos 2005, 2007 e 2008.
Ten unha privilexiada técnica e recursos técnicos e coa súa elevada envergadura, Ibrahimović é un futbolista decisivo. As súas condicións faino ser un xogador ben capaz para protexer a bola e xogar de costas á porteria rival.
Ser goleador levouno a conseguir o Capocannoniere da Serie A italiana en 2009, con 25 tantos.