38628 Huya

38628 Huya
Descubrimento e clasificación
Descuberto por Ignacio Ferrin
Descuberto o 10-03-2000
Designación provisional 2000 EB173
Designación do Mpc 38628 Huya
Categoría no Mpc TNO
Plutino
Kozai
Características orbitais
Época= 04-01-2010 (2455200,5 xd)
Afelio 7.534 Gm 50,363 UA (Q)
Perihelio 4.266 Gm 28,520 UA (q)
Eixo semi-maior 5.900 Gm 39,442 UA (a)
Excentricidade 0,2768
Período orbital 90.477 d 247,72 ax
Velocidade orbital 4,63 km/s
Inclinación 15,487°
Anomalía media 352,38° (M)
Lonxitude do nodo ascendente 169,40°
Argumento do perihelio 68,169°
Características físicas
Diámetro 532 ± 25 km
Masa 6,5 x 1019–1,8 x 1020 kg
Densidade 2,0? g/cm3 (asumida)
Gravidade superficial 0,12-0,15? m/s²
Velocidade de escape 0,23-0,28? km/s
Tipo espectral moderadamente vermello, B-V=1,00; V-R=0,65
Albedo 0.05(+0,005 -0,004)
Magnitude aparente 19,3 (en oposición)
Magnitude absoluta 5,23
Temperatura superficial ~44 K
Tamaño angular 0,024" (max)

38628 Huya é un obxecto trans-neptuniano (TNO). Foi descuberto en marzo do 2000 por Ignacio Ferrin e o seu descubrimento foi anunciado o 24 de outubro do 2000. Está clasificado coma plutino, os cales están en resonancia orbital de 2:3 con Neptuno. Co telescopio [[Telescopio Espacial Spitzer]] estimouse que tiña un diámetro de 532 ± 25 km, o que fai del un posible candidato a planeta anano. Esperase que os obxectos trans-neptunianos sexan esféricos a diámetros ó redor dos 400 kms, .

Recibiría o nome de Huya, que provén de Juyá, o deus wayuu da choiva, recibiu este nome por parte da Unión Astronómica Internacional (UAI) en agosto do 2003.

Características físicas

No momento do seu descubrimento, Huya era o obxecto trans-neptuniano máis grande é brillante atopado, coa evidente excepción de Plutón. Foi atopado usando os datos recollidos polo observatorio do CIDA en Venezuela. O Telescopio Espacial Spitzer estimou o diámetro de Huya nuns 530 km cun albedo bastante baixo de 0,05.

O obxecto ten unha forte marca nas liñas pertencentes ó vermello no espectro visible e no infravermello próximo, o que suxire que a súa superficie sexa rica en materiais orgánicos coma as tolinas. Existe unha banda larga de absorción preto dos 2 μm que posiblemente pertenzan a xeo de auga ou a algún material alterado pola presenza de auga e tamén podería existir liñas de absorción preto dos 0,6–0,8 μm, o cal podería corresponderse con silicatos alterados pola presenza de auga.

Órbita e rotación

Huya está actualmente a unhas 28,7 UAs respecto do Sol, e acadará ó seu perihelio (q=28,52 UAs) no ano 2015. Isto significa que este candidato a planeta anano está actualmente dentro da órbita de Neptuno. Coma Plutón, este plutino gasta parte do máis pechado da súa órbita ó redor do Sol tan preto de Neptuno, que o planeta controla ás súas órbitas mediante unha resonancia orbital. En xullo do ano 2029 Huya estará no momento de maior proximidade tanto do Sol coma de Neptuno. Simulacións feitas polo programa Deep Ecliptic Survey (DES) amosan que nos próximos 10 millóns de anos, Huya podería acadar un perihelio (qmin) dunha distancia inferior á 27,28 UA. Os plutinos (15875) 1996 TP66 e (120216) 2004 EW95 aínda acadarían unha maior aproximación ó Sol.

Gráfica onde se pode ve-la distancia Neptuno, Plutón e Huya respecto do Sol durante un período 1.000 anos.

Dada as grandes órbitas que teñen os obxectos trans-neptunianos ó redor do Sol, Huya está en oposición a primeiros de maio de cada ano, cunha magnitude aparente de 19,3. Huya foi observado 131 veces, incluíndo imaxes recuperadas, dende o ano 1996. O período de rotación de Huya é descoñecido.

Notas

  1. Fágase notar que esta proximidade é vendo ó Sol e a Neptuno coma un conxunto respecto de Huya, non se refire a distancia máis próxima ó Sol e a Neptuno por separado.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Marc W. Buie (22-04-2007). SwRI (Space Science Department), ed. "Orbit Fit and Astrometric record for 38628". Consultado o 17-07-2008. 
  2. "MPEC 2009-C70 :Distant Minor Planets (2009 FEB. 28.0 TT)". Minor Planet Center. 10-02-2009. Consultado o 2009-03-24. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "JPL Small-Body Database Browser: 38628 Huya (2000 EB173)". 13-06-2009 últimas observacións. Consultado o 17-07-2008. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 John Stansberry, Will Grundy, Mike Brown, Dale Cruikshank, John Spencer, David Trilling, Jean-Luc Margot (2007). "Physical Properties of Kuiper Belt and Centaur Objects: Constraints from Spitzer Space Telescope". University of Arizona, Lowell Observatory, California Institute of Technology, NASA Ames Research Center, Southwest Research Institute, Cornell University. Consultado o 24-07-2008. 
  5. Radio de 253 km e unha densidade de 0,97 (a den. de Tetis) = 6,5 x 1019 kg. Para un radio de 279 km e unha densidade de 2.0 (a den. de Plutón) = 1,8 x 1020 kg
  6. Tegler, Stephen C. (01-02-2007). "Kuiper Belt Object Magnitudes and Surface Colors". Arquivado dende o orixinal o 01-09-2006. Consultado o 30-12-2009. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Department of Mathematics, University of Pisa, Italy (ed.). "AstDys (38628) Huya Ephemerides". Consultado o 22-03-2009. 
  8. Huya Angular Size @ May 2015 Opposition: 480 km dia / (27,5543AU * 149 597 870 km) * 206265 = 0.024"
  9. Mike Brown. "The Dwarf Planets". Consultado o 20-01-2008. 
  10. Licandro (07/2001). Astronomy and Astrophysics, v.373, p.L29-L32 (2001), ed. "NICS-TNG infrared spectroscopy of trans-neptunian objects 2000 EB173 and 2000 WR106". Consultado o 17-10-2007. 
  11. de Bergh, C., Boehnhardt, H.; Barucci, M.A. e o seu equipo. (2004). "Aqueous altered silicates at the surface of two Plutinos?". Astronomy and Astrophysics 416: 791–798. doi:10.1051/0004-6361:20031727. 
  12. California Institute of Technology, Jet Propulsion Laboratory (ed.). "Horizon Online Ephemeris System". Consultado o 23-03-2009. 
  13. Sheppard, Scott S.; Lacerda, Pedro; Ortiz, Jose L. (2008). "Photometric Lightcurves of Transneptunian Objects and Centaurs: Rotations, Shapes, and Densities". En M. Barucci, A.; Boehnhardt,H.; Cruikshank, D.P.; et al. The Solar System Beyond Neptune (PDF). University of Arizona Press. pp. 129–142. ISBN 978-0-8165-2755-7. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 05 de marzo de 2012. Consultado o 23 de decembro de 2018. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas