Maersk | |
---|---|
" | |
Sede en Dinamarca. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1904 |
Localización | Copenhague Dinamarca |
Fundador | Arnold Peter Møller |
Persoas clave | Søren Skou (Director) |
Industria | Transporte marítimo |
Número de empregados | 89 000 (en 2013) |
Na rede | |
https://www.maersk.com/ | |
A.P. Moller-Maersk (en danés: A.P. Møller-Mærsk Gruppen), máis coñecida pola súa marca Maersk (en dinamarqués: Mærsk) é un grupo de empresas de orixe dinamarquesa. Dende 1996 é o maior operador de contedores do mundo. A empresa operaba máis de 500 buques en 2014, e a finais de 2018 xa contaba con máis de 750 buques, e empregaba a 79.000 traballadores en 130 países.
O grupo cotiza en bolsa, mais está controlado pola familia Moller (en 2018, tiñan o 51%). O 27 de xuño de 2017, sufriu un ataque informático provocado polo virus Petya que lles ocasionou 250 millóns de euros en perdas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A.P. Moller-Maersk |