O abdome é a rexión inferior ou posterior do corpo humano ou animal, e acolle os órganos dos aparatos dixestivo, excretor e reprodutor.
Nos animais vertebrados o abdome, popularmente denominado ventre, é a cavidade entre o tórax e a pelve que comprende a parte inferior do tronco. A cavidade abdominal recóbrese interiormente por unha membrana chamada peritoneo. Sitúanse polo tanto no abdome o estómago, os intestinos, o fígado, o bazo, o páncreas, os riles e a vexiga. Nas femias, o abdome contén, tamén, os órganos reprodutores: ovarios e útero.