Academia Galega da Língua Portuguesa

Academia Galega da Língua Portuguesa
Tipoacademia
Campo de traballolingua portuguesa
Data de fundación20 de setembro de 2008
SedePadrón
PaísGalicia
Na rede
http://www.academiagalega.org/

A Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP) é unha institución científica e cultural galega constituída como órgano da Fundação Academia Galega da Língua Portuguesa coa misión de «promover o estudo da lingua da Galiza para que o proceso da súa normalización e naturalización sexa congruente cos usos que vigoran no conxunto da lusofonía».

Historia

A idea de crear unha Academia destas características xa fora enunciada no seu día polo catedrático Ricardo Carvalho Calero, e posteriormente defendida polo profesor José Martinho Montero Santalha nun artigo publicado en 1994 na revista Temas do Ensino e, máis recentemente, nunha intervención en Braganza (Portugal, en outubro de 2006 (no marco do V Coloquio Anual da Lusofonía).

Para facer efectiva a proposta, o 1 de decembro de 2007 creouse a Associação Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa en Santiago de Compostela. Finalmente, o 20 de setembro de 2008 creouse formalmente a AGLP .

En 2011 o seu presidente era o profesor José-Martinho Montero Santalha, catedrático da Universidade de Vigo.

Composición da Academia Galega da Língua Portuguesa

Notas

  1. AGLP
  2. Segundo a tese defendida pola AGLP, a lingua de Galiza é o portugués.
  3. BOE, 29 de abril de 2011.
  4. A Lusofonia e a Língua Portuguesa da Galiza: Dificuldades do presente e tarefas para o futuro Arquivado 05 de novembro de 2013 en Wayback Machine. Actas do Congreso Internacional de Lingua, Cultura e Literaturas Lusófonas (Homenaxe ao profesor Ernesto Guerra da Cal): Santiago, 15-17 de setembro de 1994, Pontevedra - Braga: Irmandades da Fala da Galiza e Portugal, 1994, 452 pp. In Temas de O Ensino de Linguística, Sociolinguística e Literatura, volume VII-IX, núms. 27-38 (1991-1994), pp. 137-149).
  5. Um novo projecto: a Academia Galega da Língua Portuguesa in Galiza: Berço da Lusofonia. Actas do V Coloquio Anual da Lusofonía Arquivado 25 de maio de 2009 en Wayback Machine.. Helena e Chrys Chrystello (org). Arcos online (Ed). Braganza, 2-4 de outubro de 2006, p. 199.
  6. Constitúese en Compostela unha asociación co obxecto de impulsar a creación da Academia Galega da Língua Portuguesa Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine. no xornal Galicia-Hoxe Arquivado 14 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine., 06.12.2007.
  7. Unha nova academia galega tenta a confluencia co idioma portugués no xornal La Voz de Galicia

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas