Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1874 Sorzano, España (pt) |
Morte | 7 de agosto de 1934 (60 anos) Santiago de Compostela, España |
Lugar de sepultura | Coiro |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Granada |
Actividade | |
Ocupación | político , profesor universitario , escritor , xurista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Xosé María Castroviejo, Concha Castroviejo |
Notes |
Amando Ricardo Castroviejo Nobajas, nado en Sorzano (A Rioxa) en 1874 e finado en Santiago de Compostela o 7 de agosto de 1934, foi un profesor e político español.
Foi catedrático de Dereito Político da Universidade de Granada (1896) e despois catedrático de Economía e Facenda da Universidade de Sevilla. Instalado en Santiago de Compostela onde casou, foi catedrático de Economía Política e Facenda Pública na Universidade de Santiago de Compostela dende 1907. Foi propagandista do agrarismo católico, do catolicismo social e impulsor da Previsión Social. Foi concelleiro de Santiago de Compostela na ditadura de Primo de Rivera e promotor da democracia cristiá. Colaborou en Cronique Sociel de France, Revue Catolique de Cuestions Sociales e Revista de Ciencias Sociales. Foi membro da Academia de Ciencias Morales y Políticas. Foi soterrado xunto á igrexa parroquial de Coiro (Cangas).
Foi pai de Xosé María e Concha Castroviejo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amando Castroviejo |