Amaranthus retroflexus

Amaranthus retroflexus
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Caryophyllidae
Orde: Caryophyllales
Familia: Amaranthaceae
Subfamilia: Amaranthoideae
Xénero: 'Amaranthus'
Especie: ''Amaranthus retroflexus''
Subespecies

Amaranthus retroflexus é unha especie planta fanerógama da familia Amaranthaceae.

En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.

Descrición

É unha herba anual erecta que alcanza unha altura máxima de preto de 3 metros. As follas son de case 15 cm de longo nas grandes plantas, as máis altas no talo cunha forma de lanza e as máis baixas da planta de forma oval ou de diamantes. A planta é monoica, con plantas que levan tanto flores masculinas como femininas. A inflorescencia é un grande e denso acio de flores intercaladas con brácteas espiñentas de cor verde. O froito é unha cápsula de menos de 2 milímetros de longo cunha "tapa" que se abre para revelar un pequeno número de sementes negras.

Distribución e hábitat

É nativa da América tropical, pero está moi estendida como unha especie introducida na maioría dos continentes nun gran número de hábitats.

Taxonomía

Amaranthus retroflexus foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 2: 991. 1753.

Etimoloxía

Amaranthus: nome xenérico que procede do grego amaranthos, que significa "flor que non murcha".

retroflexus: epíteto xeográfico

Sinonimia
  • Amaranthus texidoris
  • Amaranthus bulgaricus
  • Amaranthus johnstonii
  • Amaranthus retroflexus var. retroflexus
  • Amaranthus retroflexus var. rubricaulis

Propiedades

Ilustración
A planta é venenosa para o gando e os porcos cando se comen en grandes cantidades durante varios días, causando a nefro-toxicidade. A pesar de que a planta ten un alto contido de nitratos en xeral, as suaves follas novas e as sementes son aptas para o consumo humano. É un bo alimento cun elevado contido de ferro. Debe recollerse cando é moi novo. Posto que ten un sabor suave, é mellor cando se mestura con verduras silvestres que teñen un sabor máis forte. No outono as sementes pódense recoller das espigas secas da planta e moerse até converterse nunha fariña que se pode mesturar con fariña de trigo para facer panqués. A planta foi utilizada para unha multitude de alimentos e medicamentos por moitos grupos de nativos americanos.

Tamén se usa no estado indio de Kerala para preparar un prato popular coñecido como Thoran combinando as follas finamente picadas con coco relado, pementos, allo e cúrcuma. As sementes son comestibles crúas ou asadas, e pódense triturar para facer fariña e usarse para pan, cereais ou como axente espesante.

Notas

  1. GBIF Amaranthus retroflexus subsp. delilei
  2. GBIF Amaranthus retroflexus subsp. retroflexus
  3. Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas)
  4. "Amaranthus retroflexus". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 21 de octubro de 2012. 
  5. Amaranthus en Flora de Canarias
  6. GBIF Amaranthus retroflexus
  7. 7,0 7,1 FEIS Ecology
  8. "Ethnobotany". Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2007. Consultado o 7 de outubro de 2008. 
  9. Watt, John Mitchell; Breyer-Brandwijk, Maria Gerdina: The Medicinal and Poisonous Plants of Southern and Eastern Africa 2nd ed Pub. E & S Livingstone 1962

Véxase tamén

Ligazóns externas