Andrei Gennadyevich Karlov (en ruso: Андре́й Генна́дьевич Ка́рлов); nado o 4 de febreiro de 1954 e finado o 19 de decembro de 2016, era un diplomático de carreira ruso que serviu como Embaixador Ruso en Turquía e antes como o embaixador da nación en Corea do Norte. A noite do 19 de decembro de 2016, Karlov foi asasinado nunha exposición de galería da arte en Ancara, Turquía, por Mevlüt Mert Altıntaş, un policía turco.
Karlov naceu en Moscova o 4 de febreiro de 1954. En 1976, Karlov graduouse no Instituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova. Aquel mesmo ano uniuse ó servizo diplomático.
Karlov estaba casado e tiña un fillo.