Anne Rice

Infotaula de personaAnne Rice

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Howard Allen Frances O'Brien Editar o valor em Wikidata
4 de outubro de 1941 Editar o valor em Wikidata
Nova Orleáns, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte11 de decembro de 2021 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Rancho Mirage, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónHumanismo secular (pt) Traducir e catolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de San Francisco
University of North Texas (en) Traducir
Texas Woman's University (en) Traducir
Richardson High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , novelista , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor em Wikidata - 11 de decembro de 2021 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoLiteratura de terror, literatura erótica e Fantasía Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioAnne Rampling
A. N. Roquelaure Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeStan Rice (1961–2002), morte do cónxuxe
FillosMichele Rice (en) Traducir, Christopher Rice (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlice Borchardt (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webannerice.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0723351 TV.com: people/anne-rice IBDB: 419664
Facebook: annericefanpage Twitter: AnneRiceAuthor Musicbrainz: 1d12a433-eb52-4bd9-b3a9-785c83e1a545 WikiTree: O'Brien-2540 Editar o valor em Wikidata

Anne Rice, nada en Nova Orleáns, Luisiana, o 4 de outubro de 1941 e finada o 11 de decembro de 2021, foi unha escritora estadounidense.

Traxectoria

Nada baixo o nome de Howard Allen O'Brien, dende pequena cambiou o seu nome a "Anne". Casou co defunto poeta e pintor Stan Rice en 1961, con quen tivo dous fillos, Michele en 1966 e que morreu de leucemia aos 5 anos de idade e o famoso escritor gai Christopher Rice (nado en 1978).

Dende pequena estivo interesada por temas de vampiros e bruxas. Na súa carreira coma escritora, tamén publicou cos pseudónimos Anne Rampling e A.N. Roquelaure, este último nos seus primeiros anos e para temas máis orientados a adultos. Os seus libros escritos baixo estes pseudónimos conteñen constantemente mesturas do horroroso co luxurioso, destacándose nas súas historias de ficción os sentimentos homoeróticos que senten os seus personaxes.

O seu primeiro libro, Interview With The Vampire escribiuno en 1973 e publicouse en 1976. No ano 1994 Neil Jordan realizou unha película baseada no libro e protagonizada por Tom Cruise e Brad Pitt e anos máis tarde realizouse outra película sobre o terceiro libro da serie The Vampire Chronicles, chamada Queen Of The Damned. O segundo libro da saga, Lestat, The Vampire converteuse nun musical de Broadway.

En decembro de 1998 a Rice diagnosticóuselle diabetes mellitus cando entrou nun coma diabético. Desde que empezou a tratar a súa condición con insulina, Rice foi unha activista para que a xente faga exames para diagnosticar a diabetes.

O 30 de xaneiro de 2004, Anne Rice anunciou que deixaría Nova Orleáns para mudarse ao suburbio de Jefferson Parish, Luisiana. Viviu soa desde a morte do seu esposo e a mudanza do seu fillo a outro estado.

Última etapa

Nos seus últimos anos a popularidade de Anne Rice decreceu bastante, en parte polas malas acollidas da crítica literaria ás súas últimas obras. As obras finais, como Blood and Gold, a biografía dun dos seus personaxes máis queridos por ela e polos lectores, Marius, non tivo éxito de vendas, en parte debido á reciclaxe intelectual que a propia autora fixo dos seus libros.

Con este feito, finalizou a saga de The Vampire Chronicles e a de As bruxas de Mayfair sendo o último libro da serie Blood Canticle.

Libros

The Vampire Chronicles

  • Portada de Interview With the Vampire.
    Interview With The Vampire (1976)
  • Lestat, The Vampire (1985)
  • Queen Of The Damned (1988)
  • The Tale of the Body Thief (1992)
  • Memnoch the Devil (1995)
  • The vampire Armand (1998)
  • Merrick (2000)
  • Blood and Gold (2001)
  • Blackwood Farm (2002)
  • Blood Canticle (2003)

Novos contos de vampiros

  • Pandora (1998)
  • Vittorio (1999)

As bruxas de Mayfair

  • The Witching Hour (1990)
  • Lasher (1993)
  • Taltos (1994)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas