Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Barra.
A barra diagonal, barra oblicua ou barra (/) é un signo ortográfico auxiliar consistente nunha raia oblicua inclinada desde abaixo á esquerda a arriba á dereita.
Historia
A barra diagonal foi creada no século XII polo italiano Boncompagno da Signa para representar unha pausa curta, mentres que a raia representaba unha pausa maior.
Usos
- Separar conceptos alternativos: amor/odio.
- Separar masculino e feminino en adxectivos ou substantivos: mozos/as.
- Separar versos dun poema cando non se reproduce igual.
- Nalgúns casos separar cifras, como en leis ou datas.
- Utilízase en lugar do punto en certas abreviaturas: r/, s/n.
- Úsase en Lingüística para encerrar fonemas.
Outros usos non lingüísticos
Matemáticas
- Representar fraccións: ½ .
- En expresións relativas a conxuntos lese tales que.
- Úsase para representar un conxunto cociente: G/H.
- Para representar paralelismo úsanse dúas barras diagonais ou ben dúas barras verticais: r//s, r||s.
- Sobre certos símbolos significa “o contrario”, como ≠ (non é igual).
Signo diacrítico
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Sanmartín Rei, Goretti (2006). Criterios para o uso da lingua. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da UDC. pp. 58–59. ISBN 84-9749-199-8.
- ↑ 2,0 2,1 Pautas para un correcto uso da linguaxe (PDF). Área de Normalización Lingüística - Universidade de Vigo. p. 48. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de outubro de 2013. Consultado o 19 de outubro de 2013.
- ↑ Houston, Keith. "The History of #—and 6 Other Symbols that Rule Twitter (and the Web)". TIME.com. Time. Consultado o 4 de novembro de 2013.
- ↑ Real Academia Galega (2005). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. pp. 11–12. ISBN 84-453-4042-5.
- ↑ Colera, José e outros (2008). Matemáticas I. Bacharelato 1. Anaya. p. 40.
- ↑ Masa Vázquez, Xosé M. (1999). Topoloxía Xeral. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 12. ISBN 84-8121-753-0.
- ↑ Freiberger, Igor. "Slashed O and slash as diacritic". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 19 de outubro de 2013.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos