Big data é un termo usado para determinados sistemas de bases de datos. Utilízase para unha serie de tecnoloxías que axudan a organizar, recoller e analizar datos. En galego tamén se emprega o termo base de datos a grande escala.
Aplícanse polo menos algunhas das seguintes características:
Os big data utilízanse para analisar diferentes temas. A través da análise pódese obter nova información. As cantidades máis grandes de datos facilitan atopar información fiable. Utilízase en moitas áreas diferentes, como goberno, saúde, seguros, medios de comunicación, publicidade e tecnoloxía da información.
Os datos recóllense entre outras cousas a través de:
O big data foi criticado por diferentes motivos. Unha crítica destacada é a crecente vixilancia para recoller datos, que ten lugar de moitas formas novas. Edward Snowden revelou como a Axencia Estadounidense de Seguridade Nacional (NSA) usa tecnoloxía dixital para espiar persoas de todo o mundo. Outras críticas destacadas é a privacidade dos datos, que trata sobre o risco de filtración de datos persoais sensibles porque non están o suficientemente protexidos.
Unha crítica máis fundamental do big data é que só porque sexa máis grande, non é automaticamente mellor. A calidade dos datos aínda ten que ser controlada. Tamén se indica que a análise de datos só pode preguntar "que" está a pasar, pero non "por que" está a suceder.
No eido académico galego, unha das maiores defensoras do emprego do big data é a catedrática Amparo Alonso Betanzos.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Big data |
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |